lunes, 23 de noviembre de 2015

RESULTADOS DA XORNADA 20,21 e 22/11/2015.

Boa xornada para os equipos do Clube Baloncesto O Grove con  tres victorias e tres derrotas. Estos foron os resultados.
SENIOR:
SIGALTEC  79 - CB GROVE TURIMARES  42: Xogaron polo CBG os seguintes:
Besteiro 11, Alex 19, Roi 8, Manuel A e Samuel. Soio foron 5 xogadores o ter 3 lesionados, 3 por motivos de traballo e 1 por compromiso familiar.
Marcadores: 27-11 e 17-14, descanso 44-25, 20-7 e 15-10. Final 79-42.
 Arbitros. Srs. Escaríz I e Abalo C.
Nada que obxetar a derrota, cinco xogadores que deron a cara en todo momento gastando todas as súas enerxías ata o último minuto. Agradecerlles o esforzo realizado, pudemos aplazar o encontro, pero n'esta categoría a finalidade e facer deporte, si gañas ben, pero si se perde tampouco pasa nada. Sabemos o que queremos e temos moi claro a finalidade do equipo.
CADETE FEMENINO:
MARIN PEIXEGALEGO  42 - CB GROVE AMALFI  53: No CBG xogaron:
Salma, Olgui 4, Mara 21, Irene 4, Natalia, Yara, Ana, Arantxa 20, Antía 4, María, Thais e Dafne.
Marcadores: 4-14 e 14-15, 18-29 o descanso, 6-10 e 18-14. Final 42-53.
Árbitros Srs. Abalo C e Gil R.
Nova victoria das grovenses que xa lle van collendo o ritmo a competición. Dominaron o encontro dende o principio con vantaxes entre 10 e 15 puntos, que se ampliou a a 23, 26-49 a falta de 5 minutos o que fixo que xogaran o resto dos minutos as xogadoras que completan a plantilla. Máis importante que gañar por 30 ou 40 ptos, e que xoguen todos e os partidos sexan máis igualados, é disfrutar do baloncesto.
INFANTIL MASCULINO:
SIGALTEC M  37 - CB GROVE TURIMARES  57. Gran victoria dos grovenses, xogaron polo CBG:
Pedrito, Alberto 14, Adrián 2, Xoan 6, Mateo, Lois 21, Raúl, Lucas 6, Mouco, Noel 8, Rodri e Brais.
Marcadores. 7-16 e 12-10, 19-26 o descanso, 11-12 e 7-19. Final 37-57.
Arbitros Sr. Vila
Partido dominado dende o inicio polos grovenses que nunca viron peligrar a victoria, os cales de ter un pouco máis de acerto baixo o aro, a diferencia sería superior. Destacar a todo o equipo, pero en especial a Lois e Alberto, os pilares do CB Grove. Este equipo en canto teñan máis horas de adestramento que pronto sera co novo pavillón, vainos dar moitas alegrías o igual que o Cadete Femenino do CBG Amalfi.
MINI MASCULINO:
CALDAS CLB 35 - CB GROVE TURIMARES 43. Victoria lograda tras unha prórroga. Xogaron:
David 2, Xoel 5, Adrián 18, Mateo 10, Lucía Benavides, Pablo C 8, Mauro,Lucía Ferreiro e Noa.
Marcadores: 5-6, 2-12 e 2-3, descanso 9-21, 13-9, 11-3 e 2-4. 35-35. Prórroga 0-8. Final 35-43.
Arbitros Srs. Abalo e Leal.
Gran partido dos nosos xogadores que se presentaban con moitas baixas tendo que xogar con varios preminis que deron a cara en todo momento e foron dunha gran axuda para os seus compañeiros. Pouco a pouco van collendo a forma. Co novo pavillón e un par de horas de adestramentos eles soios a toda a pista, na Copa seguro que o faran moito millor. Destacar a Mateo e Adán, os dous veterans do equipo que estiveron sempre axudando os preminis que deron todo o esforzo para axudar a victoria.
PREMINI MASCULINO:
XUVEN AMARILLO 59 - CB GROVE AMALFI 6. Xogaron polo CBG:
David e Lucía Benavides, Claudia, Mar, Marta, Lucía Ferreiro, Lía, Mauro, Raúl e Sandra Lamelas, Xoel.
Marcadores: 22-0, 13-2 e 10-2, descanso 45-4, 5-2 e 7-0.
Os nosos xogadores sairon moi perdidos a pista o faltar o seu adestrador, na semana pasada fixeran un gran partido e nesta estiveron sempre descompensados, pero o máis importante e que van coñecendose e temos o futuro garantido.
XUVEN NEGRO  59 - CB GROVE TURIMARES  6. Xogaron:
Claudia, Mar, Marta, Andrea, Matías, Manuel, Daniel, Noa, Cris, Antía e Anxo.
Marcadores: 10-2, 17-0 e 14-0, descanso 41-2, 8-4 e 10-0. Final 59-6.
A pesares da derrota estamos moi contentos cos progresos dos nosos xogadores, son os máis cativos, empezaron en novembro a adestrar e cada vez fanno melhor, os rivais son todos moi superiores fisicamente e ata agora, sempre xogaron contra nenos, pero cometen máis pasos e dobres que os nosos que fan un xogo colectivo ante outro moi individualista o ser moitos máis fortes e altos con máis anos de adestramentos.
 
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!







 


No hay comentarios:

Publicar un comentario