Este pasado fin de semana soio xogamos un partido o da categoría Senior Masculino con derrota do CB Grove Turimares ante o CB Illa de Arousa por un claron 90-47.
Partido moi malo onde os grovenses non defenderon nada nin se complicaron a vida ante un rival que xoga moi duro e é máis importante a saúde que o baloncesto, son dos partidos que saes a xogar pero sin arriscar a lesionarte, así mesmo os locais tiveron un gran acerto dende a liña de 3 ptos. anotando 11 de 15. Os grovenses ainda estan faltos de ritmo e de acoplamento, pois teñen 5 caras novas, pero iran de menos a máis e remataran a Liga nos postos altos da clasificación. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Besteiro 4, Roi 4, Germán 1, Alex 19, Manuel A. Kampa, Mauri, Rubens 2, Eric 3, Samuel, Oscar 14, e Jacobo.
Marcadores: 23-12 e 28 - 10, (51-22 descanso) 21-14 e 18 - 11. (90-47 final).
Árbitros Srs. Gil e Vidal, 19 faltas os locais, 7 na primeira parte e 12 na segunda, por 23 os grovenses, 14 na primeira parte e 9 na segunda.
Agora a esperar o próximo xogo, o domingo día 1 as 12h no Pavillón Monte da Vila.
¡¡¡Força Grove!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario