jueves, 9 de abril de 2015

TORNEO SEIS DO NADAL

Éxito dos equipos Cadetes Masculino e Feminino, CB Grove Turimares e Amalfi no torneo organizado polo Seis do Nadal en Semana Santa.
Os cadetes xogaron o venres día tres contra o CB Redondela o que gañaron e a continuación contra o CB Navia de Asturias, co cal perederon de 11 ptos. Chegaron moi cansados o último cuarto despois de facer un gran partido antes ante o Redondela e dispor soio de sete xogadores. A falta de 4 minutos perdían de 3 puntos pero xa non había folgos. Na loita polo 5º posto gañaron o Seis do Nadal por un claro 33-76. O máis triste e que quedou campión o equipo que perdeu co CBG Turimares o ter máis descanso e nos quedamos 5º perdendo tamén un partido.
O equipo cadete feminino do CB Grove Amalfi fixo un gran torneo pois chegou a final despois de eliminar o CB Baiona e o Blanco Amor de Ourense, perdendo na final ante o CLB de Vilagarcía nun partido moi intenso por 31-38 nos últimos minutos, acadando así o Subcampionato e xa nos ofreceron voltar para a próxima edición ante a calidade dos nosos equipos.
Agradecer o Seis do Nadal o trato recibido por parte de toda a organización e voluntarios que estiveron o frente da mesma. Grazas a todos.
Força Grove.

No hay comentarios:

Publicar un comentario