miércoles, 1 de abril de 2015

RESULTADOS XORNADA 28-29/Marzo/2015.

Moi bó fin de semana pra os equipos do Clube Baloncesto O Grove,  cinco victorias e unha derrota foi o balance, os nosos equipos sempre acaban moito mellor do que empezaron, e todo é, pola falla de horas para adestrar o estar o reparto municipal caduco e desfasado.
CADETE MASCULINO:
O CB Grove "Turimares", remataron a liga con unha victoria moi cómoda ante o CB Dorna por 74-37, este equipo cando ten a todolos xogadores e moi dificil de ganharlle e podía estar nos postos altos da clasificación. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES  74: Rodri, Díaz 5, Mouco 1, Pato, Walli 9, Diego 22, Alvaro 23, Chusino 2, Alberto, Brais, Xabi 8 e Noel 4.
CB DORNA  37: Otero J 6, Giménez  16, Rey J, Otero Y, Vidal, Romero 9, Rey N, Dacosta 4, García e Vázquez.
Árbitros Srs. Gil R e Alvarez.
Marcadores: 20-11 e 25-9, (descanso 45-20) 20-9 (65-29) e 9-8, final  74-37.
Os grovenses no descanso xa tiñan o partido controlado que aumentou a diferenza o final do terceiro, 65-29, 36 puntos de marxen o que fixo que o adestrador Eric, xogase case todo o cuarto cos xogaores que teñen menos minutos durante a Liga pra que se vaian adaptando. Destacar a entrega e ilusión dos visitantes que pelexaron ata o final a pesares da diferencia que existe entre os dous equipos.
Destacar a todolos xogadores do CB Grove pola sua entrega e a calidade de Walli, Diego, Alvaro e Xabi, que se lesionou no segundo cuarto. Confiamos na súa pronta recuperación.
INFANTIL FEMENINO:
Dobre xornada motivada polo aprazamento dos encontros motivada por lesións e faltas no noso equipo e compromisos dos equipos reivais que tiñan torneo en Vilagarcía.
O CB Grove Amalfi gañou o luns o Meco por un axustado 35-39 despois de ter controlado todo o partido con vantaxes de 10-15 puntos chegando o final do terceiro cuarto con 16, pero as numerosas faltas que lle foron pitadas, mermou a súa defensa, pois estaban o borde da exclusión dende o terceiro cuarto e non podían defender como saben, pois o mínimo roce era falta encontra. A primeira parte foi sensacional tanto en ataque como en defensa ante un equipo que o dobra en poderío fisico, anos, horas e días de adestramento con entrenadores cualificados, pero a ilusión e as gañas así como a calidade do seu quinteto inicial e moi superior. 10-26 no descanso que puderon ser máis de non fallar ocasións craras. Xogaron:
CB GROVE AMALFI: Uxía, Vanessa, Ainhoa, Salma, Eva, Arantxa 17, Dafne, Irene 4, Antía, María, Thais 6 e Olgui 12.
O  MECO  35: Cao 10, Cacabelos L, Cacabelos P 7, Barreiro 4,Noya 6, Casal, Barcia 4, Lois 4, Lores, Cosío e Aayadi.
Marcadores: 5-18 e 5-8, descanso 10-26, 10-10( 20-36) e 15-3.  Final  35-39.
Destacar a todo o equipo pola súa entrega e calidade tanto en ataque como en defensa.
No partido xogado o martes, o CB Grove Amalfi gañou no Monte da Vila o CBL "d" por un claro 47-22 ante unha das mellhores canteiras de baloncesto fiminino de arousa, o Cortegada. As grovenses sairon moi cansas  no primeiro cuartomotivado polo partido xogado o día anterior, dosificando as forzas para no segundo e terceiro apretar e acadar un parcial de 27-3, rematando o cuarto 33-7 o que fixo que no último cuarto o adestrador M "Campaña" dera minutos as alevíns e as novas xogadoras o que se reflexou no marcador, 14-15 no último cuarto. Xogaron:
CB GROVE AMALFI: Uxía, Vanessa, Ainhoa, Salma, Eva, Arantxa 20, Dafne,  Irene 2, Antía 11, María, Thais 2 e Olgui 12.
CORTEGADA (CLB) "D"  22: Varela 2, Rosales, Durán 2, Nieto 9, Abalo, Perez, Devesa 5 e Rivas 4.
Árbitros Srs. Alvarez e López.
Marcadores: 6-4 e 13-2, (descanso 19-6) 14-1, (33-7) e 14-15.  Final 47-22.
INFANTIL MASCULINO:
Remata a Liga con victoria do CB Grove Turimares ante o Codex Estudiantes Pontevedra por un claro 47-30 o final do mesmo. Os grovenses eran superiores pero non acaban de rematar o encontro, cousa que se produxo no último cuarto o lograr un parcial de 17-4, onde Walli, o gran capitán se impuxo coa sua velocidade e calidade no xogo dirixindo e anotando maxistralmente o seu equipo, anotou 30 puntos. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES  47: Rodri, Alberto 2, Pedro, Pato 2, Walli 30, Lois 3, Nacho, Samu, Chusino, Mouco 8, Brais e Noel 2.
CODEX E P  30: Zambrano, Sánchez, Igrés 4, Mirón 4, Fontán 8, Pousada 6, Fernández 2 e Rivas 6.
Árbitros Srs. López e Vilas.
Marcadores: 13-8 e 9-10, (descanso  22-18)  8-8 ( 30-26) e 17-4.  Final  47-30.
MINI MASCULINO:
Os alevíns do CB Grove Turimares, seguen dominando a súa categoría o impoñerse  no segundo partido da copa o Xuven de Cambados por un claro 61-39, facendo un partido regular, pois cometeron moitos fallos o verse superiores. Gran partido do capitán Lois que anotou 29 puntos.Seguen o frente da Competición e vese o lonxe que o equipo que pode competir contra eles e o Sigaltec 04, contra os que xogaremos o pasar a Semana Santa. 
Xogaron:
CB GROVE TURIMARES  61: Uxía 6, Alberto 9, Pedro 10, Nerea, Lois 29, Adrián 2, Dafne, Xoan, Lucas, Pablo C, Stefy, Nati e Alejandra.
XUVEN  "A"  39: Mosteiro 6, Montenegro 2, Coello 5, Prado 2, Pérez 3, Rey 2, Pombo 4, Laya 3, Rial 2, Cores 4 e Lubian 6.
Marcadores: 14-5, 12-8 e 9-4, (descanso  35-17) 6-0, 6-8 e 12-8.  Final  61-39.
PREMINI:
Partido celebrado o luns no pavillón de castelao entre o Giraldo CB 05 e os nosos xóvenes máis cativos do CB Grove que perderon por un claro 55-5. Moi superiores os vilagarcíans durante todo o encontro o faltas moitos xogadores por estar de vacaciós de semana santa. Xogaron:
CB GROVE: David, Antón, Xulio, Zaira, Lucía e Adrián.
Marcadores: 7-4, 14-0 e 12-1, (descanso 33-5) 22-0.  Final: 55-5.
Estamos no bó camiño, pois son todos de iniciación e teñen moi boas maneiras, o capitán Adrián que o máis veterán era moi superior a todos técnicamente, por iso xoga nos alevíns, o adestrador M Campaña está moi contento co grupo que dentro de un par de anos xa daran moito que falar.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario