viernes, 6 de febrero de 2015

RESULTADOS XORNADA: 31.01 e 1.02/2015

A semana correu ben para os equipos do CB Grove con 4 victorias e duas derrotas.
SENIOR:
O CB Grove "Turimares" gañou no seu desprazamento a Santa Baia - Boiro o equipo local por 54-64 nun partido moi completo dos nosos xogadores que empezaron moi dubitativos no primeiro cuarto, con a pista moi resbaladiza, para despois impoñerse con moito traballo e unha gran defensa deixando os locais en 12 puntos entre o segundo e terceiro cuarto, acadando unha vantaxe de 12 puntos a falta de un cuarto. O CB Grove baixou o seu ritmo para e nunca veu peligrar a victoria a pesares das numerosas baixas.
Xogaron polo CBG: Fonti 6, Lobo 8, Kampa 5, Alex 13, Rubens 9, Yuri e Oscar 23.
Marcadores: 15-9 e 7-12, (descanso 22-21),  8-19 e 24-22.
CADETE MASCULINO:
O equipo Cadete, CB Grove "Turimares" perdeu ante o Meco por un claro 31-85 en partido celebrado no Pavillón de Conmeniño. Nada que obxetar a derrota o quedar moi pronto sen titulares por lesións ou faltas, o que provocou que non foran capaces de romper a presión a que foron sometidos.O equipo e moi xoven estando en periodo de formación, pois para o ano repiten todos e xa estaran máis conxuntados e daremos outra cara o dispor tamén de máis adestramentos que este ano son un gran problema para todolos equipos o dispor soio de 16 horas entre os dous pavillóns para 9 equipos contra as 36 que teñen os demais.
Xogaron polo CB Grove: Rodri, Díaz, Walli, Alvaro, Chusino, Pato, Alberto, Brais, Xabi e Noel.
Marcadores: 8-21 e 9-19, descanso 17-40, 5-28 e 9-17.
INFANTIL MASCULINO:
Victoria cómoda do CB Grove "Turimares" no seu desprazamento a Vilagarcía, ante o Sigaltec 2003 G por 39-70 nun partido completisímo de todolos xogadores. Empezaron moi forte o primeito cuarto, 8-21 para baixar no seguno, 15-10 e vantaxe no descanso de 8 puntos, 23-31. Conversa no vestiario do adestrador e parcial de 2-26 para romper o partido e dar minutos os xogadores que levan pouco tempo no equipo. Destacar os 31 puntos de Walli que puderon ser máis de non estar tanto tempo no banquiño.
Xogaron no CB Grove:  Rodrigo, Alberto 5, Pedro 2, Samu, Walli 31, Lois 10, Chusino 2, Xoan, Brais 10, Rodri e Noel 10.
Marcadores: 8-21 e 15-10, descanso 23-21, 2-26 e 12-13.
INFANTIL FEMENINO:
Derrota inxusta das nosas xogadoras do CB Grove "Amalfi" ante o Meco, despois de realizar un gran partido. A falta de acerto nos tiros libres, fallaron 12 e os nervos, así como a presión a que foi sometida Arantxa non sendo castigada a sua defensora polas numerosas faltas que lle facia  privounos de unha victoria que empezou moi ben no primeiro cuarto 6-10 para rematar o descanso con un axustado 16-15. Tras o descanso a falta de acerto nos tiros, 2-2 para chegar o último cuarto con unha xogadora expulsada e duas o borde con 4 faltas, non pudemos facer o noso xogo chegando o final con un apretado 29-23.
Xogaron polo CB Grove: Uxía 6, Ainoa, Salma, Arantxa 5, Irene 6, Antía, María, Thais, Nerea, Olgui 4, Eva e Alba.
MINI BASQUET:
O CB Grove non xogou o non presentarse o Estudiantes de Pontevedra. Polo menos podían avisar, pois estivemos esperando e o final fixose un adestramento a toda a pista, cousa que non podemos facer durante a semana o non ter horas suficientes adestrando os benxamíns con eles e os da Baby Escola.
CB GROVE: Uxía, Alberto, Pedro, Xoan, Nati, Lois, Lucas, Dafne, Pablo, Nerea, Ainoa e Adrian.
PREMINI BASQUET:
Gran partido o presenciado no Pavillón do Monte da vila con moitos pais nas bancadas, entre os dous equipos moi igualados con victoria do CB Grove ante o Xuven por 52-42. Esas son verdadeiramente equipos de formación, pois todos son moi novos e que empezaron este ano, e non outros equipos que presentarn xogadores case Alevíns.
Xogaron polo CB Grove:Lucía,David,Alejandro,Pablo,Mauro,Xoel, Ivan, Ainoa, Nati, Xulio, Ton e Pedro.
Marcadores: 14-0, 4-13 e 8-0, descanso 26-13, 8-12, 8-9 e 10-8. Final 52-42.
Os equipos Cadete e Alevín femenino aprazaron os seus partidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario