lunes, 6 de octubre de 2014

INICIO TEMPORADA 2014 - 2015

O Clube Baloncesto O Grove inicia unha nova temporada, e van alá 40, sendo o equipo máis antigo xunto co Liceo de Vilagarcía.
Este ano presentamos nove equipos: Senior Masculino, Cadete Masculino e Femenino, Infantíl Masculino e Femenino, Alevín Masculino e Femenino e Benxamín Masculino e Mixto. O Equipo Cadete Femenino tocoulle descansar esta semana e o Cadete Masculino CB Grove "Turimares" perdeu na casa ante o Marín Peixe Galego por 55-58 tras un mal inicio de primeiro cuarto, 11-27, onde os nosos xogadores sairon despistados pra logo remontar 21 ptos. e ter opcións de victoria o dispor de 3 posesións con 55-57 pero que non aproveitaron polos nervos.
Xogaron polo CB Grove "Turimares": Rodrigo, Diaz, Pablo, Alberto, Dani, Martín, Brais, Diego, Xabi, Alvaro, Raúl e Samuel.
Marcadores: 11-27 e 12-12 (23-39 descanso) 23-13 e 9-6, Final 55-58.
Isto acaba de escomenzar e o CB Grove fara unas boas temporadas como todolos anos.
¡¡¡ Força Grove !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario