miércoles, 21 de mayo de 2014

RESULTADOS EQUIPOS CB OGROVE

Este fín de semana foi bó para os nosos equipos co único fallo do Infantil Masculino que perdeu o seu primeiro partido.
O Cadete Femenino, CB Grove "Amalfi" gañou no Pavillón Monte da Vila o Xuven de Cambados por un axustado 49-39 tras un mal último cuarto, xogaron:
Eva 17, Silvia, Mara 12, Ana, Alba 2, María 2, Sara 8, Aida, Thais 2, Sariña 6, Sabela e Olgui.
Marcadores: 12-4 e 19-14, descanso 31-18, 12-8 e 6-13.
Con esta victoria ainda siguen intactas as posibilidades de gañar a Copa ou proclamarse Subcampionas, confiamos que nos próximos encontros non teñan o baixón no último cuarto coma en este partido.
As xogadoras do equipo Infantil Femenino, CB Grove "Amalfi", foron moi superiores o Meco e no partido xogado no Pavillón Monte da Vila, gañaron por un claro 75-6, vantaxe que poido ser maior de non poñer en pista o equipo alevín en varios momentos do xogo.
Xogaron: Thais 4,Uxía 6,Mara 33,Ana, María 6,Arantxa 10, Antía 4, Irene, Sabela 6, Olgui 6, Ainoa e Lúa.
Marcadores: 14-0 e 25-4, descanso 39-9, 18-2 e 20-0.
O CB Grove liderada pola sua capitana Mara, fixeron unha gran defensa deixando en 0 ptos as súas adversarias en varios cuartos do encontro. Seguen firmes de cara a chegar con opcións de gañar a Copa, máis ainda así, a temporada que estan a facer e moi boa
O equipo Infantil Masculino, CB Grove "Turimares" perdeu o seu primeiro partido ante o BBC 200 por un axustado 53-54 tras un triple no último segundo dende o medio do campo tras unha prórroga. Os grovenses tiñan moitas baixas e tiveron que xogar con moitos alevíns que minutos antes xogaran outro partido.
Xogaron: Rodrigo, Walli 9, Xoan 2, Lois 17, Alvaro 21, Lucas, Brais e Noel 4.
Marcadores: 13-12 e 10-12, descanso 23-24, 6-14 e 19-10, final 48-48. Prórroga 5-6 (53-54)
Derrota moi sofrida onde as baixas de Alberto, Xabi, Raúl e o ter que xogar Alvaro lesionado con un esguince de nocello e Walli con problemas físicos, fixo que a sorte estivera do lado do BBC que tirou no último segundo dende o medio campo o tiveron a sorte de que entrara. Este equipo perdeu na Liga os dous encontros por máis de 30 ptos. e na súa casa perdera 34-73 o que indica a diferencia que existe entre os dous equipos. Seguen intactas as posibilidades de xogar a final, pois ainda perdendo os partidos que faltan estan clasificados polo basketaverage cos outros equipos.
En Mini Masculino, o CB Grove"Turimares" unha vez máis amosou a súa calidade gañando por un claro 73-22 o Estudiantes de Pontevedra, son un gran equipo e iso que teñen poucas horas de adestramento o non coincidir todos os mesmos días.
Xogaron: Pedro, Adrian, Xoan, Nacho, Lois, Pablo, Lucas, Noel, Alberto, Xabi, Mateo e Joaquín.
Marcadores: 15-7, 17-4 e 13-2, descanso 45-13, 4-6, 16-3 e 8-0.
O Mini Femenino, CB Grove "Amalfi" perdeu na casa ante o Marín Peixe Galego por 26-67, as marinenses foron superiores en todo momento non dando opcións as grovenses, xogaron:
Irene, Arantxa, Uxía, Dafne, Nerea, Antía, Nati, Stephanny, Ainhoa, Alejandra, Noa y Natalia.
Marcadores: 5-12, 1-16 e 4-6, descanso 10-34, 8-13, 9-6 e 4-14
Os máis peques da Escola CB Grove perderon na Liga Recreativa por 48-14 no seu desprazamento a Caldas, ante o Cortegada. os grovenses puxeron ilusión e gañas, pero a maior superioridade física impuxose sobre os xóvenes xogadores do CB Grove. xogaron:
Lucía, David, Nadia, Nati, Alba, Alvaro, Manuel, Jose, Pablo e Candela.
Agora a esperar os próximos encontros que xa falta pouco pra rematar.  Força Grove!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario