miércoles, 2 de abril de 2014

RESULTADOS XORNADA 29-30/Marzo/2014

En este fin de semana, excepto os Seniors e Alevín Femenino, gañaron todolos equipos.
Os equipo senior  perdeun na dobres xornada, no seu desprazamento a Monforte de Lemos despois de facer un bo encontro e na Monte da Vila ante o CB Baiona onde tamén xogaron ben pero acusaron o partido do día anterior.
SENIOR:
MGR VAL DE LEMOS  76 - CB GROVE TURIMARES  62
Iván 11, Yuri 1, Fonti 7, Lobo 8, Kampa 16, Luís 8 e Germán 11.
Marcadores: 23-7 e 14-20 (37-27 descanso) 21-10 e 18-25.
Mal inicio do partido que acusaron o longo desprazamento para recuperarse no segundo cuarto, o inicio do terceiro ter que dosificar os xogadores, soio nos desprazamos con 7 xogadores, fixo que o Lemos, moi superior fisícamente se impuxera por 21-10 para no último cuarto impoñerse novamente os grovenses no último esforzo, 18-25.
CB GROVE TURIMARES  38 - CB BAIONA TORVIGO  57
Iván 4, Fonti 3, Kampa 19, Lobo 7, Germán 2, Yuri, Luís, Oscar 3 e Mauri.
Marcadores: 11-15 e 9-18 (descanso 20-33) 13-14 e 5-10.
Os grovenses entregaron todo o que tiñan para intentar gañar o encontro, pero acusaron en exceso o desprazamento e partido do día anterior a Monforte e quedaron sen forzas no último cuarto.
CADETE FEMENINO:
O CB Grove Amalfi gañou no seu desprazamento a Cambados O Xuven por 37-50. xogaron:
Eva 16, Alba, Sara 14, Silvia e Aida 4, cinco inicial, Mara 8, Ana, Sabela, Sariña 4, Olgui 4, María e Thais.
Marcadores: 10-14 e 11-10 (descanso 21-24) 6-12 e 10-14.
Partido moi igualado que resolveron as grovenses na segunda parte despois de facer un gran desgaste defensivo o que provocaba fallos no equipo local que eran acabaos en contraataques po lo CB Grove.
INFANTIL FEMENINO:
ARXIL "E" 20 - CB GROVE AMALFI  38:
Thais, Uxía 6, Mara 18, Ana 2, María, Arantxa 10, Irene, Vanessa, Sabela, Olgui 2, Ainoa e Antía.
Marcadores: 2-15 e 5-12 (descanso 7-27) 9-4 e 4-7.
Na primeira parte as grovenses xa tiñan o partido controlado para na segunda notar o cansanzo pois moitas xogadoras viñan de xogar co equipo cadete en Cambados. Moi ben as Alevíns que aguantaron o equipo na segunda parte.
INFANTIL MASCULINO:
CB BALTAR  35 - CB GROVE TURIMARES 77, xogaron:
Rodrigo, Walli, Alberto, Xoan, Lois, Alvaro, Raúl, Lucas, Brais, Xabi, Noel e Alejandro.
Marcadores: 5-16 e 11-18 ( descanso 16-34) 13-18 e 6-25.
Nova victoria que acerca cada vez máis os grovenses o subcampionato da liga. Na primeira parte os grovenses xa dobraban no marcador os portonoveses para na segunda parte dar minutos os alevins e acabar rematando os titulares con un parcial de 6-25 amosando a difrencia entre os dous equipos.
ALEVIN FEMENINO:
MARIN PEIXE GALEGO 44 - CB GROVE AMALFI 23,  xogaron:
Natalia, Uxía, Alba, Antía, Nerea, Nadia, Irene, Ainoa, Paula, María e Julia.
Empezaron moi ben as grovenses dominado o marcador nos dous primeiros cuartos, 7-13 para despois encaixar un parcial de 17-0 no terceiro, intentaron remontar pero xa non había tempo.
BENXAMÍNS:
MARIN PEIXE GALEGO  39 - CB GROVE TURIMARES  66, xogaron:
Pedro, Adrián, Nacho, P Caneda, Diego, Xulio, Martín, Xoel, Jesús, Mateo, Iván e Xabi.
Marcadores: 4-8, 8-10 e 4-12 ( descanso 16-30) 13-8, 2-13 e 9-15.
Nova victoria do equipo CBG Turimares que de haber xogado sempre con este equipo, sería campión da Liga, pero por motivos alleos o Clube, sempre nos desprazamos con moitas baixas, e varios partidos que gañaron o final o Comité dounos por perdidos por non desprazarnos con mínimo de xogadores.
CB GROVE  77 - CB ESTUDIANTES PONTEVEDRA, xogaron:
Nati, Alba, Lucía, Nadia, Carmela, Stephanny, David, Xoel, Iván, Alvaro, Juan e Pedro.
Marcadores: 6-14, 21-6 e 8-14 ( descanso 35-34) 15-4, 10-12 e 17-0.
Nova victoria dos grovenses que cando xogan na casa o dispor de todolos xogadores son un equipo forte e moi dificil de gañar, pero o mesmo co masculino, dependemos moito das actividades e do catecismo que teñan ese fin de semana.
En resumo, o fin de semana foi moi bo pos equipos do Club Baloncesto O Grove que xa estan a preparar os seus desprazamentos a Portugal cos equipos base onde teñen un gran prestixio, Xa iremos comunicando oportunamente os días e horas de xogo.
¡¡¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario