jueves, 9 de enero de 2014

HORARIOS XORNADA 11/-12/01/2014

Despois do parón de Nadal, reanundan a competición todolos equipos con apenas día de adestramento a cadrar mal os festivos.
O equipo Senior, CB Grove Turimares desprazase a Nigrán pra xogar contra o U.R.E.C.A as 18h no Pavillón da asociación, partido que se presenta moi igualadado pois os dous equipos estan na parte baixa da clasificación.
O alevín masculino, CB Grove Turimares xoga en Vilagarcía as 10h no Pavillón de Fontecarmoa 2, ante o BBC 2002 con soio un adestramento, o de este venres, confiamos en poder ver un bo partido.
Os Benxamíns, CB Grove Turimares e CB Grove Amalfi, xogan dobre enfrentamento ante o CB Vilagarcía no Pavillón de Castelao a partires das 16.00h,  o masculino ante o Vilagarcía 05 e o feminino ante o Vilagarcía Pink.
As cadetes, CB Grove Amalfi,  xogan a mesma hora, 16.00h no Pavillón de Carril ante o Soleira Cortegada equipo que sempre é moi competitivo onde as grovenses non poden fallar para seguir nos postos altos da clasificación.
O equipo Infantil femenino, CB Grove Amalfi, xoga as 18h no Pavillón de Fexdega ante o CB Vilagarcía, confiamos na victoria, pero as vilagarcianas van poñelo moi difícil.
Os infantles do CB Grove Turimares non xogan o aprazarse o encontro ante o Estudiantes Pontevedra, por non dispor de xogadores quedando en xogalo o xoves día 16 as 7 da tarde no Pavillón da Xunqueira.
Confiamos en conquerir uns bós resultados dos nosos equipos e sobre todo os seniors, alcancen a primeira victoria que sexa o camiño de moitas máis.
¡¡¡  FORÇA  GROVE !!!  e Felíz Ano a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario