O Clube Baloncesto O Grove despide o Ano 2013 con unha gran actuación dos seus equipos Base. Os Benxamíns do CB Grove Turimares proclamaronse Campiós do Torneo HQR organizado polo Diario de Pontevedra o gañar todolos encontros onde Adría, Pablo, Nacho, Pedro, Diego, Xulio, Iván, Nati, Alba, Stephany e Lucía demostraron o seu saber e os seus coñecementos do Baloncesto dende moi pequenos.
O equipo Infantil Femenino, CB Grove Amalfi ven de xogar o Torneo de Nadal en Ourense organizado polo CB Pabellón, referente do baloncesto femenino en Ourense, e quedaron no terceiro posto pudendo haber quedado un poco máis alto, como minino o Subcampeonato coma o ano pasado. As xogadoras, Mara, Sabela, Olgui, Vanessa, Thais, María, Celia, Olgui, Uxía, Arantxa, Alejandra e Irene fixeronno moi ben e disfrutaron moitisimo coas xogadoras do Pabellón coas cales se levan moi ben. Dous novos Trofeos pas vitrinas do Clube Baloncesto O Grove que unha vez máis deixou que é unha das mellores escolas de baloncesto en canto a calidade, non cantidade, da Delegación.
E o prato forte foi a victoria do equipo Infantil Masculino CB Grove Turimars ante o Xuven de Cambados, dous grandes equipos que fan un baloncesto moi intenso e alegre, tanto en defensa como ataque.
CB GROVE TURIMARES 54: Rodrigo, Walli 9, Alberto, Xoan, Martín, Lois 4, Alvaro 22, Raúl, Lucas, Brais 8, Xabi 11 e Noel.
XUVEN CAMBADOS 41: Barreiro 2, Durán, Uhía 5, Serén, Núñez, Gómez 10, Ventoso 8, Somoza, Montiel, Kovac 4 e Oubiña 12.
Árbitro Sr. Rivadulla L.
Marcadores: 18-13 e 8-7 ( 26-20 descanso) 12-13 ( 38-33) e 18-8 (54 - 41 final)
Gran partido dos grovenses, ante un gran rival como foi o Xuven, que lle quería dedicar a victoria o abó de Alvaro falecido a noite anterior e Alvaro veu xogar pra estar o lado dos seus compañeiros e pasar este momento tan duro o lado deles e facendo o que máis lle gusta, xogar o baloncesto, seguro que desde o ceo o seu "AVÓ" agradeceullo e alegrouse da sua victoria.
Os dous equipos chegaban invictos, os dous veñen realizando un gran baloncesto e son, con permiso do BBC de Vilagarcía e o Peixe de Marín, favoritos a quedar Campións.
Grazas chavales por darnos estas alegrías para despedir o Ano, a todos FELIZ ANO NOVO e que teñamos sorte na Lotería de Reis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario