O equipo Senior CB Grove "Turimares" segue amosando melloría, pero as lesións que estan a sofrir merman nas segundas partes o seu rendimento. estos foron os últimos resultados:
CB GROVE TURIMARES 50 - O MECO 90.
Primeira parte igualada con pero dominada polo CBG Turimares, que na segunda parte, as exlusións por faltas, as lesións, quedaron no último cuarto con 5 xogadores, pero un lesionado, mermaron o potencial do equipo.
SIGALTEC BBC - CB GROVE TURIMARES
Derrota clara no seu desprazamento, pero como en todolos partidos anteriores, moi igualado ata o descanso para na segunda parte sofrir o baixón, confiamos que tras o Nadal cambien as cousas.
Na Categoría Cadete Femenina, o CB Grove Amalfi, segue a dominar a clasificación despois de gañar claramente o Meco por un claro38-67 dominado todolos cuartos.
O Infantil Femenino, CB Grove Amalfi ven de perder en cambados ante o que sexa quizas o mellor equipo, por 42-15, onde as grovenses se presentaron a xogar con 5 xogadoras motivadas por lesións e gripes, fixeron un gran partido a pesares de perder, e soio a falta de acerto no ataque, imposibilitou a victoria.
O equipo Infantil Masculino e o que esta a dar as mellores alegrías, gañando todolos encontros superando os partidos os 100 puntos.
MARIN PEIXE GALEGO "B" 21 - CB GROVE TURIMARES 101
Gran partido dos grovenses que dominaron o encontro sen esforzarse onde Alvaron anotou 69 puntosl.
CB GROVE TURIMARES 121 - XUVEN PROMESAS 12
Nova victoria superando a centena de puntos e sen presionar para que non fora máis abultada a victoria e con Alvaron novamente anotando máis de 50 ptos.
Nas Categorías Inferiores unha de cal e outra de area, o Alevín Masculino, CB Grove Turimares perdeu en Marín por 62-12 e ante o BBC por 24-74 e gañou o Pontevedra 35-81.
O Alevín Femenino, CB Grove Amalfi, gañou na Illa d'Arousa o Dorna por 42-48 onde Arantxa foi a mellor xogadora, perderon co Marín Peixe Galego por 64-13.
Na categoría Benxamín, tanto o equipo masculino, CB Grove Turimares como o femenino, CB Grove Amalfi, estan realizando uns bos partidos nas ligas de formación, o Turimares gañou todolos los encontros e o femenino perdeu os dous.
No hay comentarios:
Publicar un comentario