miércoles, 13 de noviembre de 2013

RESULTADOS XORNADA 9-10/11/2013

Bo fín de semana dos equipos do Clube Baloncesto O Grove, gañaron tres e perderon un. O equipo senior CB Grove Turimares perdeu no seu desprazamento, unha vez máis con 6 xogadores soio, que tras sofrir unha mala arbitraxe, sin ter o mesmo criterio o sinalar as faltas os dous minutos xa tiña tres xogadores con 2 faltas e unha antideportiva a Lobo. O inicio do segundo periodo, unha falta antideportiva descarada cortando un contraataque, e protestada po los xogadores e adestradores, tres técnicas u unha descalificante, por decir "Muy bien campeón", e o partido acabouse para os dous equipos. Os grovenses quedaron con 5 xogadores e Mauri con catro faltas. O rematar o encontro os mesmos xogadores rivales recoñeceron que os árbitros eran moi malos e prepotentes, son dos que "aquí mando yo y se acabó". O AM Vigo ía gañar o partido sen necesidade do espectaculo dado polos colexiados, pois na segunda parte non sinalaron ninguna falta os visitantes.
AM VIGO 77: Lago, Gómez, González, Rodríguez, Rodríguez M, Villar, Míguez, Martínez, Rial, Díaz e Pereira.
CB GROVE TURIMARES 32: Mauri, Lobo, Fonti, Germán, Diego e Kampa.
Marcadores: 16-7, 25-6, (41-13 descanso) 13-12 e 13-7.
As alegrías chegaron nos equipos base. O equipo Cadete Femenino CB Grove Amalfi gañou no seu desprazamento a Pontevedra por un claro 34-70, o CB Arxil "B", equipo que vai loitar polos postos altos da clasificación.
ARXIL "B" 34: Pimentel, Bravo, Castro 5, López, Iglesias 2, González, Fraga 10, Pérez, Montoto 8, Peleteiro 2, Fentanes 7 e Alvarez.
CB GROVE AMALFI 70: Eva 29,Silvia, Mara 7,Ana, Alba 6, Sara 10, Aida 6, Sariña 8, Sabela, Olgui 4.
Marcadores: 4-22 e 15-6 (19-28 descanso) 7-19 e 8-23.
Gran primeira parte das xogadoras grovenses con unha gran defensa e rápidos contraataques que deixaron o partido case sentenciado a pesares da relaxación no segundo cuarto do CB Grove. Tras o descanso sairon con a mesma intensidade co inicio e a diferencia o final do terceiro cuarto, 26-47, 21 ptos fixo mella nas xogadoras locais que o final foron dobradas no marcador, 34-70. Con esta victoria as grovenses seguen lideres sen perder partido.
O equipo Infantil Femenino, CB Grove Amalfi, ben dirixida pola súa capitana Mara, tambén gañou o seu encontro o CB Vilagarcía Blanco por un claro 57-27 nun partido ben disputado po los dous equipos.

CB GROVE AMALFI  57: Thais 2, Uxía, Mara 36, Ana 5, María, Arantxa 6, Vanessa, Olgui 8, Sabela e Ainoa.
CB VILAGARCÍA BLANCO 27: Núñez 1, Blanco 4, Touza, Alonso 10, Rodríguez 10, Unanúa, Navia 2 e García.
Marcadores: 16-4 e 16-9 (32-13 descanso) 10-4 e 15-10.
Inicio da Liga e victoria das grovenses ante un equipo dos que mellor traballa a base a pesares de ser de nova creación. A pesares da derrota, as vilagarcíanas pelexaron ata o final, pero a mellor defensa do Cb Grove e o gran partido de Mara, que anotou 36 puntos, fixeron imposible a reación dos visitantes. Bo inicio do equipo, o cal esta preparado para dar o mellor de sí e facer un gran campionato.
A tereceira victoria chegou do Equipo Infantil Masculino, CB Grove Turimares que gañou o Rio Ulla por un claro 102-30 e sen esforzarse na segunda parte.
CB GROVE TURIMARES  102: Raúl,Walli 5,Simón,Alberto 3, Noel, Alvaro 56, Ainvar, Brais 5,Xabi 19, Xoan e Lois 14.
ESTRUGASA RIO ULLA 30: Barral 2, González 1, Santiago 11, Tubío, Freiría 1, Fernández 2, Hernaiz 2, Scanín 5, Ramos 4 e Hernando 2.
Marcadores: 31-4 e 29-9 ( 60-13 descanso) 19-4 e 23-13.
Partido de claro dominio grovense que no descanso xa gañaba por 47 ptos de diferencia, o que fixo que o adestrador Eric, xogara moitos minutos cos xogadores alevíns de cara os inicio da campionato. O  CB Grove leva tres partidos xogados e tres gañados e segue nos postos altos da clasificación sen perder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario