O Clube Baloncesto O Grove escomenzou unha nova temporada, e van 39, con oito equipos nas distintas categorías que organiza a Federación Galega de Baloncesto.
O equipo Senior CB Grove Turimares leva xogados dous partidos perdendo ambos, o primeiro na casa ante o MGR Val de Lemos por 39-65, onde a falla de adestramentos fixo que acusaran o cansanzo na segunda parte. No seu desprazamento a Santiago perderon ante o CB Obradoiro por 77-29, onde o CB Grove se presentou con 5 xogadores soamente por problemas de traballo o coincidir coa Festa do Marisco, e novamente empregaronse a fondo na primeira parte, 29-18 para desfondarse na segunda, pero ninguén lles pode negar o súa entrega e sacrificio.
O equipo Cadete Femenino, CB Grove Amalfi escomenzou gañando o favorito, AD Cortegada Soleira, no Pavillón Municipal de Conmeniño por un claro 54-45 despois de realizar un gran partido, acadando vantaxes de 14 e 16 puntos, os inicios son prometedores e vendo os resultados dos outros equipos, hai moitas posibilidades de acadar os primeiros postos a pesares de ser un equipo relativamente novo e con moitos problemas para adestrar, o exemplo está que elas adestran un día, e non todas, e seu rival deste fin de semana, o Cortegada adestran 4 días sen compartir pavillón.
O equipo Infantil Masculino, CB Grove Turimares, escomenza este domingo as 17h no Pavillón Municipal de Conmeniño ante o CB Dorna, os grovenses teñen varias baixas pero van competir como saben, dando a cara en todo momento.
A equipa Infantil Femenino, CB Grove Amalfi, escomenza a súa Liga o próximo día 9 e veñen traballando moi ben e esperan facer outra gran temporada como o fixeron na pasada que acadaron as Semifinais da Copa Arousana e o terceiro posto na Liga.
Os Alevíns Masculino e Femenino, CB Grove Turimares e CB Grove Amalfi ata o próximo mes non escomenzan as súas Ligas, pero nos encontros amigables xa demostraron que poden facer unha boa tempada, pois gañaron todolos encontros a pesares de contar con varias baixas.
Os Benxamíns do CB Grove tamén estan a espera do inicio da nova tempada onde nos daran moitas alegrías a pesares de que en moitos partidos tendrán baixas o compartir actividades e coincidir co catecismo.
A Xunta Directiva esta a traballar moi duro para seguir adiante a pesares dos moitos problemas que temos para adestrar o ter horas inapropiadas para as edades que compoñen os nosos equipos da base.
¡¡¡¡ FORÇA GROVE !!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario