O Clube Baloncesto O Grove despois de haber participado en Santiago o pasado día 8 no X Día Autonómico do Minbasquet organizado polo Correo Galego, con catro equipos: Alevín Masculino e Femenino, e Benxamín Masculino e Femenino, onde os xogadores do CB Grove Amalfi e CB Grove Turimares disfrutaron dunha xornada lúdico-deportivo durante todo o día en compañía dos familiares onde completaron o autobús para o seu desprazamento. O CB Grove é un dos equipos que nunca falta a cita, xa leva máis de 20 anos participando en este evento.
E este sábado, día 15, desprazanse a Navia-Vigo para participar cos equipos Benxamíns, CB Grove Amalfi e CB Grove Turimares, no 1º Día do Peque Basquet Cidade de Vigo, organizado polo Clube Seis do Nadal, onde en xornada matinal, dende ás 10h ata ás 14h, disfrutaran do Baloncesto e dos xogos que a organización ten programadas. O CB Grove porá a dispor dos xogadores e pais, un autobús gratuitamente, que sairá ás 9h da Estación de Autobuses polo que rogamos puntualidade para a saída.
Dende o CB Grove queremos agradecer, tanto o Correo Galego como o Seis do Nadal o que nos haian invitado a estos eventos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario