Bo fín de semana para os equipos do Club Baloncesto OGrove.
Os Juniors perderondo CB Grove Amalfi perderon en Pontevedra ante o Estudiantes por 57-53 nun partido moi axustado. Os grovenses fixeron un bó partido e contaron coa baixa de Manuel Angel que se desprazou e non pudo xogar o extraviarse a ficha e non levar o DNI, foi unha baixa moi importante de cara o resultado final, pois con él, a victoria estaría asegurada.
No descanso perdían 31-27, despois de un primeiro cuarto que dominaron, 13-14 e un segundo con 5 puntos abaixo, 18-13. Iniciouse o terceiro támen moi igualado, 15-13 para rematar os grovenses o último cuarto empatados, 13-13 pero dominando o partido. Soio os fallos nos tiros libres, 6 anotados de 14 lanzados impediron a victoria.
Os Infantiles foron os dominadores no inicio da Copa Primavera gañando os dous encontros comodamente.
As rapazas do CB Grove Turimares dominaron O Meco na súa casa por un contundente 39-70, chegando a ser a máxima vantaxe de 36 puntos na mitade do último cuarto, 32-68. Este xoven equipo formado fai dous anos, na que xogan varias alevíns, están a amosar unha melloría impresionante, pois dominaron a un equipo moito máis forte e veterán en todas las facetas con unha gran defensa e un ataque moi ordenado. Destacar o traballo de todo o equipo, son uns das favoritas para xogar a fase final. Están a unha victoria de logralo o que sería un gran éxito con tan soio dous anos xogando.
Os seus compañeiros do CB Grove Amalfi gañaron o Sigaltec BBC en Vilagarcía por 27-47. Os grovensenses dominaron dende o inicio, gañaban no descanso por 11-28 e tras o descanso con moitos suplentes na cancha o parcial foi de 3-4 no terceiro cuarto para acabar o último con un parcial de 13-15. O equipo CBG Amalfi é tamén un dos equipos favoritos para xogar a fase final.
O Alevín Masculino, CB Grove Amalfi, perdeu ante o Xuven de Cambados por 41-57 en partido xogado de poder a poder con vantaxes moi curtas ata o inicio da segunda parte con estos parciais:
2-4, 8-10 e 6-10 (16-24 descanso) 8-16, 9-6 e 8-9 (25-33). O maior podería físico dos cambadeses impuxose os grovenses que pelexaron pola victoria ata o final.
As rapazas do Alevín Femenino CB Grove Amalfi, perderon ante o AC Carril por 58-16, o desprazarse con 3 xogadoras da categoría e 4 do equipo Benxamín. Si a isto lle añadimos o poderío físico da carrilexas, moi superiores en envergadura e máis banco para os cambios, ahí a diferencia, pois na Liga gañaran as grovenses 35-20.
Os Benxamíns estan a facer unha gran tempada, o equipo masculino, CB Grove Turimares gañou por un claro 24-65 o Sigaltec Cats proclamandose campión da Liga de formación a falta de unha xornada. Gañaron a Liga regular e agora a fase final sen perder partido.
O equipo femenino, CB Grove Amalfi, perdeu en Vilagarcía por 38-19 ante o Sigaltec Gatos o desprazarse con moitas baixas por mor das comunións. pero tamén se pode considerar moi bó o 5º posto da clasificación pois hai moitas xogadoras de primeiro ano.
O futuro temolo garantido con esta base que amosa unha gran capacidade de traballo e a súa técnica individual e colectiva moi arraigada a cal mellorará con tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario