jueves, 2 de mayo de 2013

RESULTADOS DA XORNADA

Estos foron os resultados dos equipos este pasado fín de semana:
SENIORS:
CD RECIMIL FERROL  75 - CB GROVE TURIMARES 72
Marcadores: 17-11 e 16-18 (33-29 descanso) 21-14 e 21-29 (42-43)
Finalizou a competición da 2ª División da FGB con unha nova derrota, pero esta vez inxusta despois de facer un gran encontro. Os grovenses deron a cara en todo momento e soio algunas decisións arbitraris así como erros claros baixo taboleiro impediron a victoria.
Ramata o CB Grove na útlima posición pero a tempada podese considerar de boa pois tiveron moitos altibaixos motivados polas lesións e os estudos, tengo que xogar moitos partidos con 3 ou 4 junioprs o que fixo que non mantiveron a mesmo nivel en todolos encontros, fixeron grandes partidos con outros moi malos. Esto non impedirá que si hai prazas na próxima tempada se solicite entrar en ela, pois é mellor quedar de último nesta categoría a nos postos altos da terceira.
JUNIORS:
MARIN PEIXE GALEGO  54 - CB GROVE AMALFI  43
Marcadores: 13-13 e 10-10 (23-23 descanso) 15-3 e 16-17 (31-20)
Gran partido dos xogadores grovenses que deron a cara en todo momento e puderon acadar a victoria en un partido moi igualado. Soio un mal terceiro cuarto onde non tiveron acerto de cara o aro, anotaron 3 puntos, fixo que non gañaran o partido que dominaron en varias fases de encontro chegando a dominar na primeira parte con vantaxes de 8-10 puntos que os marinenses remontaban a base de entrega e os fallos baixo canasta dos xogadores do CB Grove. Moi ben chavales.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE AMALFI  17 - SIGALTEC BBC F 60
Marcadores: 9-7 e 0-17 ( 9-24 descanso) 5-17 e 3-19 (8-36)
Remata a competición con un mal partido dos xogadores grovensens que empezaron moi ben o partido dominando o primeiro cuarto para despois caer nun baixón que non se entende. Xogadores que teñen unha boa calidade tecnica que non foran capaces de anotar máis que 8 puntos en tres cuartos. O seu adestrador, M Campaña, que non estivo por estar cos Juniors, non chega ainda a entender este baixón, tanto en ataque como en defensa, pois viñan realizando un bos partidos. A pesars da derrota, fixeron un gran campeonato a pesares das suas limitacións de altura, por iso confiamos que na Copa que se incia xa, cheguen o máis alto e nos den unha alegría.
ALEVIN FEMENINO:
CB GROVE TURIMARES  55 - ADC CARRIL  41
Marcadores. 16-6 e 15-12 ( 31-18 descanso) 12-12 e 12-11 (24-23)
Acaba a tempada con unha nova victoria das xogadoras grovenses gañando o Carril nun partido que dominaron dende o inicio e que sirveu de adestramento de cara o inicio da Copa Primavera onde as xogadoras grovenses teñen moitas ilusións depositadas.
ALEVÍN MASCULINO:
CONSERVAS CUCA LICEO 77 - CB GROVE TURIMARES 40
Marcadores: 20-0, 14-4 e 17-5 ( 51-9 descanso) 9-10, 8-10 e 10-11 ( 29-31)

Derrota do equipo Alevín ante un bo equipo como o Liceo que dominou a primeira parte onde os nosos xogadores non encontraron o sitio para na segunda parte dominar pero xa foi imposible remontar a gran diferencia que tiñán os vilagarcíáns.
ALEVÍN FEMENINO:
CB GROVE AMALFI  41 -  CB VILAGARCÍA 38
Gran partido o presenciado no Pavillón de Conmeniño o sábado a tarde entre dous equipos que o deron todo para lograr a victoria e que logrou o CB Grove o ter máis acerto nos últimos minutos. O partido foi moi igualadao e os pais poden estar moi contentos polo esforzo das súas fillas por lograr a victoria. Enhoraboa os dous equipos.
PREMINI MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES 54 - RIO ULLA 2
Clara victoria dos xogadores grovenses  que dominaron o encontro dende o inicio amosando a súa superioridade en todolos cuartos cerrando o acta no terceiro.
PEMINI FEMENINO:
CB GROVE AMALFI  67 - BBC GATTI  28
Victoria pelexada das xogadoras grovenses que se impuxeron a un equipo moi peleón. Dominaron o encontro en todolos cuartos con certa facilidad para gañar o partido sen problemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario