viernes, 24 de mayo de 2013

PARTIDOS XORNADA 25-26/MAIO/2013

Estos son os partidos do fín de semana:
INFANTIL FEMENINO (Fase Final Copa Primavera)
RIO ULLA - CB GROVE TURIMARES
Sábado día 25 ás 12h.
PAVILLÓN DO CEIP INFESTA - PONTECESURES
Semifinal da Copa Primavera, o partido presentase moi igualado máis confiamos no xogo que veñen realizando últimamente as grovenses ainda que o partido será moi difícil xa que O Rio Ulla xoga na casa ante os seus xiareiros e intentaran estar na final do domingo ás 19h
INFANTIL MASCULINO (Copa Primavera)
CB GROVE AMALFI - PUB BOLICHE A ESTRADA
Sábado día 25 ás 18h
PAVILLÓN MONTE DA VILA
Último partido da liguilla onde os grovenses si gañan clasificanse para a fase final a celebrar en Cambados o próximo fín de semana. Na liga gañaron os grovensesn os dous partidos os cales foron moi igualados, confiamos en que os nosos xogadores nos den unha alegría e se clasifiquen.
TORNEO CIUDAD DE PONTEVEDRA MINI E PREMINI:
O Club Baloncesto Grove participa cos equipos alevín masculino e femenino e benxamín mixto no torneo que organiza o CB Estudiantes de pontevedra nuha xornada lúdica, onde van xogar moitos xogadores que non competiron e pertenecen a escola de iniciación.
Agradecemos a invitación do CB Pontevedra e intentaremos disfrutar dunha xornada de Baloncesto.
¡¡ Força Grove !!

No hay comentarios:

Publicar un comentario