A xornada do 11-12 de maio foi moi boa para os equipos do Club Baloncesto O Grove. Os Juniors perderon na casa ante o Xuven de Cambados.
CB GROVE AMALFI 51: Marco, Gabri, Roi 10, Iván 9, Pablo 17, Anxo 4,M Angel 2 e Sergio 9.
XUVEN 79: Abal A 9,Fontán 2,Paz 10,Abal P 19,Cal 22,Durán 4,Estévez 8 e Rodríguez 5.
Marcadores: 11-10 e 14-25 (25-35 descanso) 14-18 e 12-26 (26-44)
O partido non foi malo e os grovenses melloraron respeto a outros encontros, sobre todo en canto os da Liga. A falta de banquillo fai que teñan moitos altibaixos no seu xogo. Acabou a temporada e todalas ilusións que había sobre o equipo viñeronse abaixo pola falla de compromiso dos xogadores acadando uns postos que non ian de acordo a súa calidade.
Ás alegrías viñeron dadas po los equipos Infantiles, tanto o Masculino, CB Grove Amalfi, como o feminino,que gañaron os seus encontros e xa están nas fases finais da Copa Primavera a falta de unha xornada.
CB GROVE AMALFI 71: Martín 12,Dani, Pablo, Joko 14, Diego 10, Oscar 4, Raúl, Xabi 11, Javeto, Díaz 10, Noel e Brais 2.
ESTUDIANTES PONTEVEDRA 29. Delafuente,Pérez,Peón 4,Otero 4,Sánchez JM 13,Sánchez 4, Buceta 4, Porto, Olmos e González.
Marcadores: 21-8 e 20-6 ( 41-14 descanso) 14-4 e 16-11 ( 30-15)
Victoria cómoda dos grovenses que o descanso xa tiñan o partido controlado. Na segunda parte xogaron moitos minutos os alevíns o que fixo que o marcador estivese máis igualado. O CB Grove con esta victoria xa está clasificado para a fase final a falta de duas xornadas.
As infantiles dominaron o Arxil na prórroga despois de un interesante encontro.
CB ARXIL "B" 36: Berea,Bravo 2,Castro,López,González 6,Fernández 4,Iglesias,Duarte 2, Rodríguez 12, Montoto e García 10.
CB GROVE AMALFI 44: Eva 12,Silvia,Mara 3,Ana,Alba 6,Sabela,Sara 23,Olgui,Sarinha,Thais, María, Arantxa e Irene.
Marcadores: 11-9 e 9-4 ( 20-13 descanso) 6-12 e 9-10 (35-35) Prórroga: 1-9.
Victoria compliacada e luchada po las grovenses que tras unha primeira parte con moitos fallos remontaron na segunda despois de facer unha gran defensa e xogar con máis calma a prórroga que de haber tido máis acerto nos tiros libres Eva e Mara, anotaron 3 de 14 lanzados, non se chegaría a xogar a prórroga. Os dous equipos sabianse o que se chogaban, o primeiro posto de grupo para chegar a fase final da Copa Primavera con vantaxe. Destacar a todo o equipo pola súa entrega.
O alevín masculino quedou primeiro da súa fase despois de gañar o meco na súa casa por un claron 35-87 cerrando o acta antes de acabar o xogo.
O MECO 35: Padín,Espantoso,Rodríguez,Alonso,Míguez,Galiñanes,Sanmartín,Prol e Agrelo.
CB GROVE AMALFI 87: Walli 59,Alberto,Adrián,Pedrito 6,Nachito 2, Eric, Lois 12, Díaz, Noel, Brais, Pablo e Xulio.
Marcadores: 2-17, 9-3 e 0-30 ( 11-50 descanso) 6-6, 10-16 e 8-15 ( 24-37).
Claro dominio do CB Grove no partido xogado no Monte da Vila. Os grovenses sairon mentalizados dende o primeiro minuto, o soio cando estaban na pista os benxamíns, o xogo era un pouco máis igualado.
O alevín femenino, CB Grove Amalfi, gañou a un dos favoritos, 22-19 despois de facer un gran encontro.
CB GROVE AMALFI 22: Alejandra, Uxía 10, Stephany, Thais, Vanessa, Arantxa 8, Olgui 4, María, Irene, Julia, Ana e Clara.
ARXIL 19: Gil,Centeno,Filgueira,Mendez,Abad,Fame,Alén,Gil,Pereira,Cadahía, Portela e Perdomo.
Marcadores: 4-6, 2-2 e 4-3 ( 10-9 descanso) 4-6, 4-0 e 4-2 ( 12-8)
Victoria difícil do CB Grove ante unha das mellores escolas de baloncesto femenino da Delegación como é o Arxil de Pontevedra. As xogadoras grovenses deron a cara e a súa melloría cada mía é moito mellor, como amosan que non perderan partido na última fase de clasificaciónl
Os Benxamíns do CB Grove Turimares acadaron o Campionato sin perder partido na Liga de formación sendo o equipo con máis puntos a favor e menos encontra, onde moitos dos xogadores compartían equipo co Alevín dada a súa calidade. Gañaron o Marín Peixe Galego, segundo clasificado, por 63-12, amosando así a súa superioridade.
CB GROVE TURIMARES 63: Diego,Adrián,Pedrito, Nachito, Alberto, Lois, Xulio, P. Caneda, Iván, Mateo, Alvaro e Lucas.
MARIN PEIXE GALEGO 12: Ferpón,Parada,Pazos,Portas,Farto,García,Villegas,Aguaride,López e Rúa.
Marcadores: 10-0, 9-4 e 14-1 ( 33-5 descanso) 13-4, 12-3 e 4-0)
O Benxamín femenino, CB Grove Amalfi, tivo un partido moi igualado e perdeu ante o CB Vilagarcía por 20-31, onde as grovenses notaron as baixas de varias xogadoras e a diferencia de xogar contra nenos.
CB GROVE AMALFI 20: Uxía, Stephany, Dafne, Alba, Nerea, Alejandra, Xixela, Nati, Natalia, Julia, Carmen e Xiana.
CB VILAGARCÍA 31: Arno,Abalo,Agra,González,Alcalde,Diz,Santiago,Eiras,Martínez e Coello.
Marcadores: 2-12, 4-4 e 2-6 ( 8-22 descanso) 2-5, 4-2 e 6-2 ( 12-9)
As xogadoras grovenses intentaronno na segunda parte e pelexaron para darlle a volta o marcador xa que na primeira parte perdían por 14 puntos, estiveron a piques de logralo, pero os vilagarcíáns dominaron e xogaron moi ben os últimos minutos.
Aquí tamén rematou a temporada a cal foi moi boa, amosando unha gran melloría na fase final da mesma, recollendo os frutos do traballo de todo o ano.
A nosa enhoraboa a todolos xogadores. ¡¡ FORÇA GROVE !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario