Este fín de semana foi regular para os distintos equipos do Clube Baloncesto O Grove, onde a base unha vez máis soi a que dou ás mellores alegrías.
SENIORS:
CB GROVE TURIMARES 56- CD RECIMIL FERROL 60
Marcadores: 11-17 e 13-10 (24-27 descanso) 17-17 e 15-16. (32-33)
Mal inicio de partido dos grovenses que o final do primeiro cuarto perdían de 6 puntos que o final foron imposibles de recuperar o ter moitos baixóns no xogo e os fallos nos tiros libres. O partido foi moi igualado po los constantes erros no xogo local que pudo haber gañado tranquilamente o encontro, pero unha vez máis a presa nos momentos clave, foi decisiva nos momentos cruciais. Na segunda o parcial foi máis igualado dominando os visitantes por un soio punto.
JUNIOR:
CB GROVE AMALFI 56 - LICEO VILAGARCÍA 80
Marcadores: 16-25 e 12-20 (28-45 descanso) 13-14 e 15-21. (28-36)
Superioridade dos xogadores do Liceo durante todo o encontro. Os grovenses non fixeron un mal partido en ataque, pero sin defensa e imposible gañar. A segunda parte foi máis igualada.Destacar as gañas de todo o equipo que amosan unha gran melloría na Copa en comparación coa Liga.
INFANTIL MASCULINO:
ESTUDIANTES PONTEVEDRA 38- CB GROVE AMALFI 63
Marcadores: 12-12 e 9-15 (21-27 descanso) 5-16 e 12-20 (17-36)
Mal inicio do CBG Amalfi que escomenzou o partido moi frio, sin intensidade defensiva e cometendo moitos erros en ataque, cicais confiado de haber gañado no partido de ida por máis de 30 ptos. No descanso do primeiro cuarto, chamada de atención por parte do seu adestrador, M "Campaña", e os xogadores puxeronse as pilas dobrando os pontevedreses no marcador. Destacar a todo o equipo que fixeron que non se notaran as baixas de Díaz, Walli, Ainvar e Raúl.
INFANTIL FEMENINO:
CB ARXIL 49 - CB GROVE TURIMARES 43
Marcadores: 14-9 e 15-8 ( 29-17 descanso) 12-10 e 8-16 (20-26)
Unha primeira parte moi mala das xogadores do CBG Turimares que se deixaron dominar po las locais o descanso xa gañaban por 12 puntos.
Tras o descanso seguía a mesma teima para no último cuarto despertar pero xa foi imposible remontar a diferencia e menos con Sara excluída por faltas no 3º cuarto.
ALEVÍN MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES 63 - O MECO 23
Marcadores: 10-6, 14-6 e 13-5 ( 37-17 descanso) 6-4, 14-0 e 6-2 ( 26-6)
Victoria abultada do CBG Turimares ante o Meco o que dominaron dende o inicio amosando unha gran superioridade en todas las fases do xogo, a diferencia pudo ser maior de non haber posto en pista Eric "Birbi" o equipo benxamín durante moitos minutos.
ALEVÍN FEMENINO:
CB ARXIL 41 - CB GROVE AMALFI 51
Marcadores: 7-3, 6-15 e 6-9 ( 19-27 descanso) 9-10, 4-10 e 9-4 ( 22-24)
Gran victoria das xogadoras do CBG Amalfi no sempre dificil campo do Arxil. O partido foi moi igualado en todolos cuartos con pequenas vantaxes das grovenses que non notaron as baixas de Thais e María.
BENXAMÍN MASCULINO:
MARIN PEIXE GALEGO 17 - CB GROVE TURIMARES 64
Marcadores: 7-4, 2-4 e 2-8 (11-16 descanso) 1-18, 0-22 e 5-8 ( 6-48)
Partido moi igualado na primeira parte para na segunda impoñerse claramente o CBG Turimares o poñer na pista nos dous primeiros cuartos o quinteto titular, o cal foi moi superior os xogadores marinenses que nada puderon facer ante o poder defensivo e ofensivo dos grovenses.
BENXAMÍN FEMENINO:
CB VILAGARCÍA 44- CB GROVE AMALFI 41
Partido disputado de poder a poder por dous equipos que querían a victoria, as grovenses notaron as baixas de varias xogadoras por motivos eclesiasticos, comuniós, pero deixaron un bo sabor de boca. Este equipo vainos dar moitas alegrías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario