De regular podese calificar a xornada do fín de semana, os seniors e os juniors, con numerosas baixas, non tiveron opcións, as infantiles perderon en un mal partido rompendo así a racha de o victorias seguidas e os infantiles gañaron, en Alevíns bos partidos, o masculino gañou demostrando que é un dos mellores equipos da liga e o femenino perdeu ante un dos favoritos despois de facer un gran partido, nos benxamíns os nenos gañaron novamente con claridade e as nenas deron a cara en Marín.
SENIOR:
CRUZ ALTA 79
CB GROVE TURIMARES 35: Castro 19, Luís, Xurxo 1, Germán, Kampa 10, Lobo 3 e Fonti 2.
Marcadores: 17-4 e 19-8 ( 36-12 descanso) 21-17 e 22-6.
Árbitros Srs. Rios e Vega. 22 faltas os locais e 21 os visitantes. Eliminado Xurxo.
O CBG Turimares desprazouse a Ourense con 7 xogadores, moitas baixas e sen pivots, Oscar, Mauri, Rubén, Jacobo e Marcos, e un arbitraxe un pouco casero, no primeiro cuarto xa tiñan 3 faltas Lobo e Kampa o que mermou o potencial do equipo na primeira parte ante un equipo moi superior físicamente, e si a isto añadimos o pouco acerto no tiro, Xurxo 1 pto. soio, amosa o que aconteceu na primeira parte.
Tras o descanso saíron a por todas e fixeron un gran cuarto, 21-17, que realmente é a diferencia existente entre os dous equipos, para xa no último cuarto acusar o cansanzo e impoñerse o Cruz Alta 22-6.
JUNIOR
SAELGA LICERO CASINO 75
CB GROVE AMALFI 18: Gabri, Roi 3, Pablo 2, Anxo e Sergio 13 ptos.
Marcadores: 27-2 e 13-3 (40-5 descanso) 17-6 e 18-7.
Árbitros Srs. Gil J e Argibay.
Superioridade local ante os grovenses que se desprazaron con 5 xogadores o ter numerosas baixas o que fai que realmente o partido fora de puro tramite.
INFANTIL MASCULINO:
CB VILAGARCÍA VBCUP 19.
CB GROVE AMALFI 81: Walli 8, Javeto 4, Daniel 13, David 22, Raúl 4, Xabi 8, Alvaro 11 e Díaz 11.
Marcadores: 21-1 e 13-5 (34-6 descanso) 27-4 e 20-10.
Árbitro Sr. Ramil. 26 faltas os locais, exlcluído Díaz, e 15 os visitantes.
Superioridade do CBG Amalfi ante un equipo moi xoven o que fixo que xogaran os menos habituais máis minutos.

INFANTIL FEMENINO:
VB VILAGARCÍA VBCUP 64
CB GROVE AMALFI 39: Eva 14, Olgui, Mara 6, Ana, Irene, Arantxa, Sara 13, Sabela 2, Alba 2, Silvia, Sariña 2 e Vanessa.
Marcadores: 11-11 e 11-19 ( 22-30 descanso) 8-19 e 9-15.
Árbitros Srs. Ramil e Garrido.11 faltas as locais e 18 as visitantes. sen excluídos.
Derrota fraguada nuna segunda moi mala por parte das xogadoras locais que se viñeron a baixo e perderon a intensidade da primeira parte onde o encontro estivo moi igualado. As xogadoras do Vilagarcía aumentaron a presión defensiva o que provocou moitas perdas de balón que acababan en canastras fáciles. Esta derrota rompe unha racha de oito victorias seguidas.


ALEVÍN MASCULINO:
CB GROVE AMALFI 79 - RIO ULLA 27
Walli 34, Alberto, Adrián, Pedrito 4, Nacho 8, Eric, Rodrigo, Lois 11, Brais 4 e Noel 16.
Marcadores: 10-0, 11-4 e 25-6 ( 40-10 descanso) 2-11, 17-6 e 14-0.
Árbitros Srs. Ramil e Garrido.
Superioridade do CBG Amalfi que cerrou o acta. Os grovenses querían demostrar que os partidos gañanse na pista, pois no partido de ida, que tamén gañaron, deron por perdido os grovensesdespois de unha reclamación, por ir con 8 xogadores. O CBG Amalfi pode quedar fora dos cruces, pero soio un equipo do seu grupo está o mesmo nivel, o BBC 2001, son os dous mellores euqipos con diferencia, os grovenses so perderon dous partidos, ante o BBC, e gañaron os outros por máis de 30 ou 50 ptos. amosando un gran xogo.
ALEVÍN FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 30 - AD CORTEGADA 44
Uxía, Olgui, Irene, Arantxa, Thais, María, Vanessa e Natalia.
Marcadores: 9-7, 2-7 e 4-5 ( 15-19 descanso) 12-6, 3-15 e 0-4.
Árbitro Sr Garrido.
Gran partido o presenciado no Pavillón de Conmeniño entre o CBG Amalfi e o Cortegada, un dos favoritos a quedar campión. As grovenses veñen demostrando unha gran melloría e soio un mal cuarto, o 5º, onde o Cortegada puxo todo o potencial para poder sacar o partido que o tivo contra as cordas de ter un pouco máis de acerto no último cuarto as grovenses.
BENXAMÍN MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES 52 - ESTUDIANTES PONTEVEDRA 0
Adrián, Alberto, Iván, Pedro, Nacho, Lois, Xulio, Lucas e P Caneda.
Marcadores: 22-0, 18-0 e 12-0.
Árbitro Sr. Garrido.
Victoria dos grovenses ante un equipo moi xoven, a superioridade foi moi grande o que fixo que na segunda parte xogaran os máis cativos do CBG Turimares.
BENXAMÍN FEMENINO:
MARIN PEIXE "A" 52 - CB GROVE AMALFI 31
Uxía, Nati, Natalia, Nerea, Alba, Xisela, Stephany, Alejandra e Dafne.
Marcadores: 6-4, 11-12 e 27-21, descanso, 44-21, 52-25 e 52-31 final.
Gran partido do CBG Amalfi en Marín ante o segundo clasificado, ´Peixe "a" que soio pudo distanciarse no marcador o final do 4º periodo, parcial de 17-0, o impoñerse o poderío físico dos nenos sobre as nenas, máis ainda así, as grovenses demostraron unha gran melloría respeto os primeiros partidos, o que amosa as victorias conseguidas na segunda volta da Liga, acabaron a primeira volta con 1 victoria e agora levan 6.
No hay comentarios:
Publicar un comentario