martes, 5 de marzo de 2013

RESULTADOS XORNADA 2-3/03/2013

Os resultados do fín de semana poden considerar moi bós, non só po los resultados, senón porque os equipos amosaron o que é pertenecer o Clube Baloncesto O Grove: Entrega, lucha, sacrificio, orden... e non dar nada por perdido ata o último segundo.
SENIOR:
CB GROVE TURIMARES 62 - URECA VIGO 51
CBG: Xurxo 10, Lobo 2, Fonti, Carlos 4, Kampa 14, Rubén 2, Luís, Germán e Oscar 27.
URECA:Fernández,Santoro,Pérez,Gallego,Silva,González,García,Sousa e Clavijo.
Marcadores: 13-19 e 24-29 (11-10) descanso, 38-36 (14-7) e 62-51 (24-15)
Árbitros Srs. Gil J e Solla R. Ben. Sinalaron 19 faltas os locais e 23 os visitantes. Excluídos Pérez e a falta de 1 minuto descalificados Fernández e Silva por menosprecio os colexiados.
Gran victoria dos grovenses en un partido moi igualado e que en todo momento lucharon por sacar o partido adiante a pesares das numerosas baixas. Castro,Mauri,Marcos e Jacobo, os xogadores máis veteráns do equipo o que fixo que J Lamas tirara dos máis xóvenes, unha media de 20 anos, con un só xogador de máis de 30 anos, Oscar, que estivo impecable, 27 puntos e onde os xuveniles recién ascendidos deron a cara e amosaron a súa calidade. Victoria que tiñan merecida xa en partidos anteriores po lo xogo desenrolado e que tiveron a recompensa este fin de semana. Agora a intentar gañar os catro partidos que faltan. Enhoraboa chavales.
JUNIOR:
CB GROVE AMALFI  53: Gabriel 8, Roi 8, Anxo 6, Manuel A 10 e Sergio 21.
RIO ULLA 76:Vieites,López,Vázquez,Abalo,Martínez,Jamardo,Tourís,Piñeiro,Beiro,GonzálezS e González
Marcadores: 18-19 e 24-33 (6-14) descanso 37-52 (13-19) e 53-76 (14-24)
Árbitros Srs. Martín A e Solla E. Ben.
Derrota do CBG Amalfi que sabe a victoria por xogar todo o encontro con cinco xogadores o ter numerosas baixas os cales foron felicitados po lo adestrador visitante ante o gran partido que fixeron, tanto en xogo como en sacrificio, espíritu de lucha, e soio a presión asfisiante que fixeron os pontecesureños o inicio do último cuarto, fixo que se levaran a victoria o a proveitarse do cansanzo dos grovenses. Esto é o que lles pide o seu adestrador M "Campaña" e que faltou na Liga para dar un paso adiante.
INFANTIL FEMENINO (Dobre xornada)
CB GROVE TURIMARES  67: Eva 30, Olgui 2, Mara 13, Ana, Arantxa, Irene, Sara 18, Sabela, Silvia 2, Alba, Sariña 2 e Vanessa.
XUVEN "B": Hermida 5,Cores 5,Vázquez,Cores S 6, Silva 9,Chaves 2,Villanueva 1,Arosa 2 e Paula 2.
Marcadores: 22-4 e 43-14 (23-10) descanso 63-20 (18-6) e 67-32 (4-12)
Árbitros Srs. Martín A e Alvarez D. Ben.
Victoria fácil do CBG Turimares ante un equipo moi xoven, no descanso o partido xa estaba rematado e o que fixo o adestrador M "Campaña" foi igualar os equipos o poñer en pista as xogadoras alevíns e así ver unha segunda parte máis igualada pois o máis importante e que disfruten do Baloncesto. Destacar o entusiasmo e as gañas das xogadoras cambadesas que non deixaron de dar a cara en ningún momento. Ese é o camiño.
CB GROVE TURIMARES   50: Eva 9, Olgui 1, Mara 16, Ana 2, María, Arantxa, Sara 16, Sabela, Silvia, Alba 2, Sariña 4 e Vanessa.
O MECO 39: Folgada, Domínguez,Forte,Meis,Caneda,Alfonso,Mendez,Cacabelos,Alday e Martínez.
Marcadores: 12-9 e 16-28 (4-19) descanso 25-44 (9-16) e 39-50 (14-6) final.
Árbitros Srs.Escaríz e Lema.Ben.Eliminadas po lo CB Grove Sara,Mara e Alba. Forte e Mendez do Meco.
Gran victoria do CBG Turimares ante o Meco en un partido onde as grovenses empezaron moi nervosas e faltas de precisión no ataque. No segundo cuarto xa empezaron a xogar como saben, gran defensa e ataque fácil o que propiciaba roubos de balón e canastras o contrataque. As faltas facían mella entre as mellores xogadoras do CBG, Sara pasou máis tempo no banco ca na pista, máis ainda así, non baixaron a intensidade en ningún momento deixando as locais en 4 e 9 puntos nos cuartos 2º e 3º para chegar o inicio do último cuarto con 19 puntos de vantaxe o que fixo que xogara un quinteto alevín o que foi aproveitado po las locais para presionar e rebaixar o marcador a 11 puntos.
INFANTIL MASCULINO:
O MECO 87:Dopazo, Torres, Nabbar,Padín,Alonso,Fraga,Cornes,Garrido,Castro,Carnero,Bello,Oubiña. 
CB GROVE AMALFI  54:Martín 6,Javeto,Pablo2,Daniel 10,David 8,Oscar 4,Xabi 11,Alvaro 11, Díaz 2.
Marcadores: 28-12 e 51-27 (23-15) descanso 73-42 (22-15) e 87-54 (14-12) final.
Árbitros Srs. Escaríz e Lema. Ben.
Derrota dos nosos xogadores ante un equipo que dispón do xogador máis determinate da categoría, Torres, que anotou 41 puntos, soio cando estaba él na pista o xogo se desequilibrava axudado por Castro, que anotou 24 ptos. entre os dous 65, deixando po resto 22. O CBG Amalfi fixo un gran encontro e amosou unha gran melloría en referencia o primeiro partido da Liga i estamos orgullosos do partido que fixeron desenrolando un gran baloncesto que pudo ser mellor de non cargarse de persoales Díaz e David que anotaron 12 ptos, cando a media e de 25 entre os dous e perder poderío en defensa, pero pese a todo, estamos moi satisfeitos con encontro que fixeron.
ALEVÍN FEMENINO:
O MECO 18 - CB GROVE AMALFI  50. (non dispoñemos da acta)
Olgui, Irene, María, Arantxa, Thais, Vanessa, Stephany, Natalia, Uxía e Dafne. 
Victoria do CBG Amalfi nun encontro que dominou dende o inicio amosando unha gran melloría no xogo da primera volta a esta. É un equipo con moito futuro, pois había 4 xogadoras de idade benxamín e 4 de primeiro ano.
ALEVÍN MASCULINO (Dobre xornada)
CB GROVE AMALFI  59: Martín, Alberto, Adrián, Pedro, Nacho, Eric, Noel, Rodrigo,Lois e Brais.
SIGALTEC BBC 2001 61: Arufe,Cabezas,Loureiro,Noya,Vilán,Barreiro,Bouzada,Martínez,García,Núñez.
Marcadores: 12-7, 5-15 e 10-10 ( 27-32 descanso) 4-14, 21-4 e 7-11 (59-61 final)
Gran partido de baloncesto o presenciado no Monte da Vila o venres entre dous equipos que pelexaron po la victoria ata o final, pudo gañar calquera, o máis importante foi o espectáculo que deron, disfrutamos de un gran encontro, emoción, xogo, intensidade, velocidad, etc. maravilloso, podemos estar contentos cos nosos xogadores po lo partido que fixeron.
CB BALTAR  48: Riveiro, Díaz, Pérez, García, González, Martínez A, Martínez P, Vidal.
CB GROVE AMALFI  42: Martín,Alberto,Adrián,Pedro,Nacho,Eric,Noel,Rodrigo,Lois e Brais.
Marcadores: 16-0, 2-15 e 10-10 (28-25 descanso) 6-1, 6-3 e 8-13.
O ter soamente 8 xogadores o Baltar e facer informe o Sr. Colexiado, o Comité de Competición da por perdido o encontro o clube que non cumpre o ártigo 42 de que ten que xogar con 9 xogadores mínimo, o que fixo que o adestrador Eric, xogara con moitos benxamíns durante moitos minutos para que vaian crecendo e mellorando e así mesmo dar descanso despois de haber xogado o día anterior un gran partido, o mellor da temporada ante o BBC e ter que xogar o día seguinte cos infantiles. Non dudamos da calidade dos nosos xogadores e estos partidos veñen moi ben para adquirir experiencia ante equipos máis altos.
Podemos estar contentos cos partidos realizados po los nosos equipos e o mellor e ver os pais felices polo ben que o fixeron, gañaran ou perderan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario