miércoles, 2 de enero de 2013

TORNEO NADAL OURENSE

O equipo Infantil Femenino CB Grove "Amalfi" ven de proclamarse SUBCAMPEÓN do Torneo de Nadal
organizado po lo Club Baloncesto PABELLÓN  de Ourense o gañar 3 partidos e perder 1 deixando unha gran impresión entre os organizadores os cales xa convidaron novamente o CB Grove para a próxima edición.
Estos foron os resultados:
CB GROVE "AMALFI" 25 - CB VILAGARCÍA 28: Partido dominado en todo o tempo po las grovenses pero con diferencias moi curtas onde o CB Grove acusou o cansanzo do viaxe e saíron despistadas con moitos erros en defensa que eran aproveitadas po las vilagarcías. A victoria pudo ir para calquer lado nos últimos minutos e foi para o CB Vilagarcía, o final campeona do Torneo.
CB GROVE "AMALFI" 30 - CB PABELLÓN 27: Gran partido o presenciado no Pavillón do Instituto Otero Pedraio entre dous equipos que pelexaron po la victoria, pois sabian que o que perdía xa non tiña opcións de quedar Campeón. O partido estivo igualado todo o tempo, chegando o final do mesmo con empate a 25 puntos para na prórroga de 5 minutos gañar o CB Grove por 3 puntos.
CB GROVE  "AMALFI " 45 - FRANCISCANAS PABELLON 27cómoda victoria das grovenses que sairon moi fortes no primeiro tempo 29-11 para no segundo xogar máis tranquilas o que fixo que fose o pior partido xogado po lo CB Grove.
CB GROVE 35 - CB ALLARIZ 34: Partido xogado con moita intensidade, o mellor partido das grovenses ante un equipo que chegaba para luchar po lo subcampeonato as grovenses e iso fixo que o partido estivese moi igualado chegando o final do mesmo con empate a 27 puntos, xogandose duas prórrogas para decidir o vencedor do mesmo que foi o CB Grove proclamandose así Subcampeona do Torneo.
Outros resultados:
CB PABELLÓN 40 - FANCISCANAS PABELLÓN 20
CB ALLARIZ  44 - FRANCISCANAS PABELLÓN  11
CB VILAGARCÍA  35 - CB ALLARÍZ  14
CB PABELLÓN  24 - CB VILGARCÍA  29
FRANCISCANAS PABELLÓN  13 - CB VILAGARCÍA  34
PABELLÓN  22 - CB ALLARIZ  35
Como se pode apreciar todolos partidos estiveron moi igualados e podese dicir que foi un éxito,tanto deportivamente como organizativamente, onde é de agradecer o esforzo que fixeron os directivos do Pabellón así como dos pais e voluntarios os cales non tiveron axuda nin da Delegación de Baloncesto nin da FEGABA, os que tiñan que apoiar este tipo de eventos, son os que poñen máis problemas para potenciar o Baloncesto entre os máis cativos, se pagas non hai problema.
O mellor para o CB Grove "Amalfi" foi a gran convivencia que se viveu entre xogadoras e pais, sobre todo co Pabellón onde as xogadoras conviviron moito tempo xuntas, tanto nos Xardins do Posio xogando, como animandose unas a outras cando xogaban.
O CB Grove invitou para o seu Torneo de Xuno o Pabellon e asi responder o seu gran recibemento que lles fixeron as nosas xogadoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario