jueves, 31 de enero de 2013

RESULTADOS EQUIPOS CB OGROVE

Estos son os resultados da xornada dos dias 26-27 e xaneiro do 2013:
SENIOR: CB GROVE TURIMARES 74 - SEIS DO NADAL  80
Xurxo 21, Lobo 5, Jacobo 6, Mauri 4, Kampa 15, cinco inicial, Castro 9, Oscar 14, Germán, Fonti, Carlos, Iván e Sergio.
Marcadores: 18-19 e 10-16 (28-35 descanso) 13-14 (41-49) e 24-16 (65-65 final)
Prórroga: 9-15 (74-80 final)
Árbitros Srs. Carbajo e Gil J. 29 faltas os locais, excluídos Jacobo, Mauri, Kampa e Oscar, e 26 os visitantes, excluídos Rodríguez J e García O.
Gran partido o realizado po lo CB Grove ante o líder que tivo moita sorte o anotar a última canasta a falta de 2 segundos e 1 de posesión. Os grovenses intentaronno con un tiro a desesperada pero non encontrou aro.
Na prórroga os grovenses con moitas baixas po la exclusións, cinco titulares no banco, e os tiros libres, os vigueses anotaron máis do cincuenta por cento dos puntos de tiros libres,(8) e os locais soio 3, non puderon facer nada pero a pesares da derrota o equipo volveu a encontrar o tono e confiamos que pronto cheguen as victorias. O CB OGrove non mereceu a derrota despois do gran partido que fixeron.
JUNIOR: CB GROVE AMALFI 49 - RIO ULLA 68
Manuel A 2, Pablo 3, Brais 2, Sergio 10 e Iván 18, cinco inicial, Gabri, Roi 14, Anxo, Mateo, David, Daniel, Victor e Juan.
Marcadores: 15-18 e 9-15 (24-33 descanso) 10-20 (34-53) e 15-15 (49-68 final)
Árbitro Srs. Gil R e Ramil. 16 faltas os locais e 10 os visitantes. Sen excluído.
Derrota dos grovenses que deron a cara en todo momento a pesares da derrota, soio un mal terceiro cuarto o dar descanso os titulares fixo que os visitantes se foran no marcador (10-20), non hai tanta diferencia entre os dous equipos. Confiamos que o CB Grove Amalfi siga por este camiño e pronto chegaran as victorias.

INFANTIL MASCULINO: SIGALTEC BBC E 82 - CB GROVE AMALFI 38.
Daniel 11, David, Xabi 4, Alvaro 7 e Díaz 8, cinco inicial, Javeto, Pablo 4, Oscar, Raúl e Ainvar 4
Árbitro Sr. Solla.
Marcadores: 13-11 e 21-12 (34-29 descanso) 32-9 (66-38) e 16-8 (82-32 final)
Os grovenses prantaron cara durante a primeira parte, pero no terceiro cuarto o poñer en pista o seu adestrador os xogadores que menos minutos xogan, encaixaron u  parcial de 32-9 o impoñer a súa maior envergadura baixo aros o que facilitaba a canastra fácil.  A pesares da derrota, os grovenses están a facer unha boa temporada.
INFANTIL FEMENINO: ADC CARRIL 29 - CB GROVE AMALFI 54
Eva 22, Mara 3,Sara 22,Alba 3 e Sariña 4, cinco inicial, Ana, Olgui, Arantxa, María, Silvia, Lúa e Sabela. 
Árbitro Sr. Escaríz.
Marcadores: 7-16 e 19-13 ( 26-29 descanso) 3-12 (39-41) e 12-14 (39-54 final)
Victoria do CB Grove Amalfi no seu desprazamento a Carril en un encontro que sempre tivo dominado e onde participaron todalas xogadoras desprazadas o mesmo. As xogadoras seguen a mostrar un bo nível a pesares de ser un equipo recente, levan dous anos xuntas e cada vez sorprenden máis o seu adestrador coa súa actitude o que fai que estén nos postos altos da clasificación e leven 5 victorias seguidas.
ALEVÍN MASCULINO: CB GROVE AMALFI 58 - CB BALTAR 52
Martin, Lois, Pablo, Adrián, Nacho, Nóel, Eric, Rodrigo e Lucas.
Marcadores: 25-5, 4-6, 10-7 ( 39-18 descanso) 8-3, 0-22, e 11-9 (58-52 final)
Victoria sofrida dos xóvenes xogadores do CB Grove que tiñan varias baixas por enfermidade e que se complicou no 5 cuarto o encaixar un parcial de 0-22 que acercou no marcador os portonoveses, pero unha vez máis, Martín co seu temple, dirixeu o equipo no Pavillón de Comeniño avictoria a pesares de ter que ser sustituído por un golpe acaecido  por un resbalón o ser empurrado por un xogador visitante i estar a pista moi resbaladiza.

O MECO RS 37 - CB GROVE AMALFI 67:
Martín 39, Alberto 6, Lois 8, Nacho 6, Brais 6, Noel 2, Eric, Adrián, Rodrigo e Alvaro.
Marcadores: 12-2, 4-14 e 7-14 (23-30 descanso) 6-4, 0-18 e 8-15 (37-27 descanso)
Nova victoria do CB Grove na Liga Alevín que o segue a manter nos postos altos da clasificación. Unha vez máis, Martín foi o mellor xogador, non soio po los puntos que anota, senón po la forma de dirixir os seus compañeiros de equipo, xoga e fai xogar, virtude que teñen poucos xogadores a súa idade. Moi ben "capitán Wally".
ALEVIN FEMENINO: XUVEN 67 - CB GROVE AMALFI 17
Olgui, Arantxa, Irene, Thais, María, Vanessa, Uxía, Alejandra, Sabela e Natalia.
Marcadores: 7-4, 17-4 e 11-2 ( 35-10 descanso) 16-3, 8-2 e 8-2. (67-17 final)
Superioridade do Xuven de Cambados ante ás grovenses que nunca se entregaron e pelexaron ata o último segundo como si estivesen igualadas no marcador.
BENXAMÍN MASCULINO: ESTUDIANTES PONTEVEDRA 2 - CB GROVE TURIMARES 52
Adrián, Alberto, Pablo, Nacho, Diego, Lucas e Alvaro.
Marcadores:0-24, 0-16 e 2-12.
Unha vez máis os xogadores do CB OGrove teñen que levantarse as 8 da mañán para ir xogar a Pontevedra nun día de "cans", con temporal de choiva e vento. Realmente o que fan os xogadores, non soio do CB Grove, sénón de todolos equipos de Benxamíns para facer o que lles gusta e de "heroés".
BENXAMÍN FEMENINO:  CB GROVE AMALFI 44 - MARIN PEIXE GALEGO 62
Uxía, Stephanny, Nerea, Alba, Alejandra, Sixela, Dafne, Nati e Iván.
Marcadores: 8-8, 2-22 e 12-4 (22-34) 2-16, 2-10 e 18-2.
Victoria do Marín na sua visita o Grove no partido celebrado no Pavillón de Conmeniño. Os marinenses foron en todo momento superiores os grovenses e por normas que dende o CB Grove vemos como inexplicables da FGB para ligas "non competitivas", ligas de formación castiguen a un equipo coa perda porque lles falta un xogador. O que queremos os Clubes e xogar e con cantos xogadores máis, pero si non podemos non é por que non queiramos, os Clubes non podemos loitar contra os elementos moitas veces alleos os Clubes. Xogadores do Marin Peixe Galego, a victoria e vosa e merecida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario