SIGALTEC BBC 66 - CB GROVE TURIMARES 55.
Castro, Pete, Jacobo, Mauri, Kampa, Marcos, Germán, Oscar e Fonti.
Marcadores: 14-10 e 14-14 (28-24 descanso) 11-19 (39-43) e 27-12 (66-55)
Árbitros Srs. Cuenca e Trasamos. 25 faltas os locais, sen excluídos, e 34 os grovenses, excluídos Mauri e Kampa.
Derrota dos grovenses que contaron con varias baixas polos estudos, ainda así, soio as numerosas faltas coas que foron castigados, no descanso xa había varios xogadores con 4 faltas, fixo que anotaran 26 puntos de tiros libres, case un 50% dos puntos. por 12 do CB Grove, o que fixo o final o resultado se decantase polo BBC. Os grovenses non desmereceron nada e sempre estiveron metidos no partido, soio as exclusións e as baixas mermaron o potencial do equipo.
JUNIOR:
ESTUDIANTES 1996 63 - CB GROVE AMALFI 47
Manuel A. Gabri, Iván, Roi, Pablo, Brais, Anxo e Sergio.
Marcadores: 20-10 e 24-17 (44-27 descanso) 15-9 (59-36) e 2-11 (63-47 final)
Un mal inicio de partido condenou os grovenses a derrota. Teñen potencial para facelo mellor, pero a falta de adestramentos e unha intensidade máis forte, fan que cometan moitos fallos en situacións moi faciles para encestar.
INFANTIL MASCULINO:
ESTUDIANTES (2) 35 - CB GROVE AMALFI 54
Marcadores: 6-13 e 8-18 (14-31 descanso) 13- 8 (27-39) e 8-15 (35-54 final)
Victoria do xoven equipo CB Grove que está realizando unha gran temporada a pesares de non ter altura o que fai que durante algunas partes do encontro se vexa superado, pero a gran intensidade defensiva que lle poñen e a velocidade no ataque fan que vaian superando o problema.
INFANTIL FEMENINO:
CB ARXIL "C" 33 - CB GROVE AMALFI 49
Eva, Olgui, Mara, Ana, Sara, Alba, Sariña, Sabela, Silvia, Lúa e Arantxa.
Marcadores: 7-18 e 8-10 ( 15-28 descanso) 10-12 ( 25-40) e 8-9 (33-49 final)
Nova victoria do equipo que a pesares de formarse fai dous anos esta a realizar un partidos maravillosos onde as xogadoras cada xornada van a máis a pesares de ter pouco tempo para adestrar xuntas.
ALEVIN MASCULINO:
RIO ULLA 34 - CB GROVE TURIMARES 47
Martin, Nacho, Pedro, Eric, Rodrigo, Alberto, Adríán e Noél.
Marcadores: 12-4, 7-10 e 2-10 ( 21-24 descanso) 10-5, 2-13 e 1-5 (34-47 final)
Os grovenses a pesares das baixas dominaron o encontro e acadaron unha nova victoria que os segue a manter nos postos altos da clasificación. Confiamos na responsabilidade dos pais, pois cicais este partido se perda por non presentar os 9 xogadores o reclamar o equipo contrario. Sabemos que xogar un domingo a tarde a 70kms. costa, pero costanos a todos e o perxudicados o final son os compañeiros que se desprazan a xogar e o que conquiren na pista o mellor perdenno nas oficiñas.
ALEVÍN FEMENINO
AD CORTEGADA 56 - CB GROVE AMALFI 18
Olgui, Irene, Alejandra, Nerea, Uxía, Arantxa, Natalia, María e Thais,
Marcadores: 14-10, 16-2 e 10-2 ( 40-14 descanso) 4-0, 8-2 e 8-2 ( 56 18 final)
Superioridade do equipo de Carril ante as grovenses que puxeron en todo momento moita lucha, pero a mallor altura das vilagarcíáns impuxose baixo os aros o que facía que anotaran facilmente.
BENXAMÍNS MASCULINO:
MARIN PEIXE GALEGO 34 - CB GROVE TURIMARES 58
Nacho, Pedro, Adrián, Xulio, Alvaro, Alberto, Pablo Caneda, Iván e Xoel.
Victoria grovense no seu desprazamento a Marin, os grovenses seguen o frente da clasificación a pesares de non contar cos dous mellores xogadores que xogan no equipo Alevín.
BENXAMIN FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 41 - CB VILAGARCÍA VC BLANCO 34
Uxía, Nerea, Natalia, Nati, Dafne, Alejandra, Stephany, Alba, Xisela,
Victoria grovense en un partido moi igualado que se resolveu no último cuarto, tras un inicio dominado po las xogadoras grovenses, os visitantes remontaron no seguno cuarto para igualar o encontro o soio no último cuarto a superioridade grovense fixo que se levasen a victoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario