martes, 20 de noviembre de 2012

RESULTADOS XORNADA 17-18/11/2012

SENIOR:
URECA VIGO  73 - CB GROVE TURIMARES 70
Xurxo 17, Castro 1, Lobo 5, Kampa 11, Marcos 15, Oscar 21, tamén xogaron Mauri, Germán, Fonti e os xuveniles Iván, Sergio e Pablo.
Marcadores: 19-18 e 39-24 (20-6)  (descanso) 58-45 (19-21) 73-70 (15-25)
Derrota dos grovenses en Nigrán tras un mal segundo cuarto onde a falta de acerto no tiro fixo que encaixaran un parcial de 20-6 que xa foi imposible de remontar a pesares de intentalo e estar a piques de conseguilo, pois a falta de 1 minuto estaban empatados a 69 e parecía que a victoria ía caír no lado do CB Grove, pero faltoulle unha vez máis esa sorte que se necesita alguna vez.
JUNIOR:
CB GROVE AMALFI  38 - ESTUDIANTES PONTEVEDRA  59.
Iván 12, Roi 6, Besteiro 7, Brais 2, Sergio 7, cinco inicial, tamén xogaron Gabri 2, Anxo 2 e Mateo, faltou Manuel Angel con problemas físicos.
Marcadores: 7-1 e 11-23 (4-22 descanso) 22-34 (11-11) e 38-59 (16-25).
Bo inicio dos xogadores grovenses que se puxeron con un parcial de 11-1 os inicios do segundo cuarto, pero o cansanzo fixo mella nos xogadores titulares e encaixaron un parcial de 4-22 que xa foi non puderon remontar. A pesares de derrota o CB Grove Amalfi fixo un bo partido e o seu adestrador esta contento coa actitude dos seus xogadores que contaron coa baixa de Manuel Angel con problemas físicos e de o base titular Eloy que foi expulsado do clube por indisciplina.
INFANTIL MASCULINO:
PUB BOLICHE ESTRADA  35 - CB GROVE AMALFI  36.
Martín, Daniel 3, David 6, Xabi 4 e Alvaro 21, cinco inicial, tamén xogaron Javeto, Oscar, Díaz, faltando Raúl e Ainvar por enfermidade.
Marcadores: 12-7 e 20-22 (8-15) descanso, 29-30 (9-8) e 35-36 (6-6).
Partido moi físico e igualado onde os grovenses non estiveron acertados de cara a canastra, son partidos que se gañan a base de traballo e sufrimento e isto foi o que pasou no pavillón da Estrada onde os locais tampouco mereceron perder pola súa entrega e sacrificio. Os numerosos pais puderon presenciar un gran partido e así o recoñeceron aplaudindo os dous equipos o final do mesmo.

INFANTIL FEMENINO:
XUVEN "B" - CB GROVE TURIMARES
Partido que non se xogou o non presentarse os Srs. colexiados.

ALEVÍN FEMENINO:
RIO ULLA  38 - CB GROVE AMALFI
Bo inicio das xogadoras grovenses, 0-6 que foi todo unha ilusión, pois despois non conseguiron ninguna anotar ante a superioridade física das xogadoras locais ante un equipo moi xoven, onde a mitade das xogadoras son benxamíns.
PREMINI MASCULINO
CB GROVE TURIMARES  45 - MARIN PEIXE GALEGO  68
Marcadores: 9-12, 21-23 e 21-32 descanso, 32-41, 37-53 e 45-68 final.
As numerosas baixas no equipo CB Grove, Lois, Alberto, Nacho, Anxo, fixo que presentara un equipo moi competitivo pero moi novo, con preminis de primeiro ano, máis ainda así prantaron cara e xogaron moi ben.
Os pais puderon disfrutar de un bó partido.
PREMINI FEMENINO:
CB VILAGARCÍA VB AL BLANCO  45 - CB GROVE AMALFI  22
Marcadores: 4-2, 6-3 e 4-7 (14-11 descanso) 3-2, 11-0 e 12-11 (45-22 final)
Superioridade vilagarcíana no inicio da segunda parte onde as xogadoras do CB Grove encaixaron un parcial de 11-0 e xa non puderon facer nada por superalo, pois as baixas por enfermidade, fixo que se desprazaran con 7 xogadoras soamente.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario