lunes, 12 de noviembre de 2012

RESULTADOS CB GROVE

Esta xornada foi mala pos equipos do CB GROVE que a continuación pasamos a detallar:
SENIOR: CB GROVE TURIMARES  47 - LICEO VILAGARCÍA  75
Marcadores: 15-17, 8-15 (23-32 descanso), 15-25 e 9-18.
Derrota ante o lider nun partido moi irregular dos grovenses que durante a primeira parte prantaron cara e soio a falla de acerto no tiro fixo que foran o descanso con 9 puntos de desvantaxe. Tras o reinicio da segunda parte máis do mesmo, mellora algo o ataque pero falla a defensa e encaixan un parcial de 15-25 que fai que o seu adestrador, ante as exclusións por persoales e lesións, fai chogar durante moitos minutos os xuveniles e faltando 5 minutos para acabar, xa entregaron  o encontro de ahí a diferencia de 28 puntos. Confiamos na pronto recuperación dos xogadores lesionados e poder darlle a volta a esta etapa de derrotas.
INFANTÍL FEMENINO: RIO ULLA  46 - CB GROVE TURIMARES  35
Marcadores: 15-5, 15-11 (30-16 descanso) 14-8 e 2-11.
Derrota no seu desprazamento a Pontecesures das xogadoras grovenses que tiveron un inicio de partido moi malo o que as condenou a derrota. Notouse melloría no xogo, pero ainda non están o 75% do que poden dar de sí este equipo o cal vai collendo o ritmo.
INFANTIL MASCULINO: CB GROVE AMALFI  75 - MARIN PEIXE GALEGO  24
Marcadores: 12-9, 23-2 (35-11 descanso) 22-6 e 18-7.
Alegría pos siareiros que tiveron a sorte e estar no Monte da Vila e ver un bo partido onde a intensidade no xogo por parte dos grovenses tanto en defensa como en ataque fixeron imposible o bo facer dos marinenses que non eran capaces de rebasar a defensa local. O CBG "Amalfi" leva tres de tres e segue invicto nos postos altos da clasificación.
ALEVÍN MASCULINO: CB GROVE AMALFI  52 - O MECO 59.
Marcadores: 11-8, 7-6, 4-6 (22-20 descanso) 7-13, 4-17 e 19-9.
Derrota inmerecida do CB Grove en un partido onde o máis destacable é que non se pode xogar un partido de esta calidade sen árbitros, pois os voluntarios fan o que poden e disvirtúan un partido que foi moi interesante. É increible que una competición organizada po la Federación Galega non poña árbitros en partidos que a priori son igualados, cobrar cobran e o traballo fanno os clubes, e iso que na reunión de clubes acordouse enviar colexiados.
ALEVÍN FEMENINO: CB GROVE TURIMARES  17 - XUVEN 56.
Marcadores: 4-8, 3-11, 2-16 (9-35 descanso) 6-3, 0-14 e 2-4.
Fácil victoria do Xuven de Cambados ante un equipo moi voluntarioso pero formado por varias benxamíns que nada puderon facer ante un dos equipos que van a quedar nos postos altos da clasificación. A pesares da derrota o seu adestrador está contento co partido realizado, pois deron todo o que tiñan e fixeron o imposible por prantar cara o equipo contrario, un gran equipo.
BENXAMÍN MASCULINO:  CB GROVE TURIMARES  50 - CB ESTUDIANTES  0
Marcadores: 29-0 e 21-0.
Superioridade do equipo grovense ante un equipo que a pesares da derrota derrochou entrega, entusiasmo e estas sor armas de futuro.
BENXAMÍN MIXTO: CB GROVE  AMALFI  20 - MARIN PEIXE GALEGO  23.
Marcadores: 1-10 descanso e 19-13.
Derrota do xoven equipo grovense que tivo un mal inicio de partido para no segundo cuarto intentar remontar e estiveron a piques de logralo. Nestas categorías xa non se pita todo, pero que un adestrador se queixe de pitar falta por agarrar po la camiseta a un contrario, xa é de recibo.
Intentamos que xoguen o máis posible, pero accións como correr co balón nas máns sen botar, agarrar o contrario hai que penalizalas, senón non é Baloncesto, é outra cousa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario