lunes, 8 de octubre de 2012

SENIOR MASCULINO 2ª DIVISIÓN LIGA GALEGA:
CB GROVE "TURIMARES"  71: Castro 16, Mauri 5, Kampa 15, Marcos 7, Oscar 10, cinco inicial, tamén xogaron Xurxo 8, Pete 1, Jacobo 7, Rubén 2, Germán e Fonti.
CB BAIONA  52: Goce 11, Trabazos 1, Barrero 6, Leyenda 11, Martínez 4, cinco inicial, xogaron ademáis Conde, Éstevez 3, Reyes, Satoro 2, Éstevez F 14 e Peña.
Árbitros Srs. Ortega D e Gil J. Sinalaron 24 faltas os locais e 30 os visitantes.
Marcadores: 12-16 e 16-12 ( 28-28 descanso) 17-13 e 26-11.
Partido xogado no Pavillón Monte da Vila ante unas 100 persoas.
Gran inicio de temporada do Clube Baloncesto O Grove que se impón o Baiona por 19 puntos tras un inicio dubitativo, onde os visitantes os cinco minutos gañaban 0-11, pois os grovenses defendían ben pero atacaban mal debido os nervos de escomenzar na casa ante os seus siareiros e coa mente posta na tempada pasada, pero un tempo morto do seu adestrador JLamas cambiou a dinámica do partido e acabaron o primeiro cuarto 4 puntos abaixo pra chegar o descanso igualados a 28.
Tras a charla do descanso e máis tranquilos a defensa seguía a ser boa e o ataque xa era máis organizado tendo máis acerto no tiro, kampa 3 triples en dos minutos fixo que acabaron o terceiro cuarto con 4 puntos  de vantaxa e no último apareceu Oscar, 11 ptos. que estivo apagado en ataque nos tres primeiros cuartos e sabiamos que era cousa de tempo pra que aparecera como así foi, ven axudado po lo resto dos compañeiros.
Esta tempada o CB Grove recupera a Xurxo e a Rubén e mantén o bloque da Liga pasada sendo un equipo moi xoven pero con moita calidade e xa coñecedores de como funciona a 2ª División, é un equipo máis comprometido e seguro que nos daran moitas máis alegrías. Felicitar a JLamas e Eric polo seu estreo con victoria no inicio da Liga que os encarama o primeiro lugar polo basketaverage.
AMISTOSO INFANTIL FEMENINO:
CB GROVE "AMALFI"  40: Sara O, Eva, Mara, Ana e Alba, cino inicial, Olgui, Sabela, Marta, Silvia e Sara O. -     CB ARXIL  32.
Partido de preparación das grovenses ante un equipo que ten unha traxectoria no baloncesto femenino que non se pode poñer en dúbida, sendo unha das mellores canteiras do basket. O partido foi moi interesante con unha primeira parte dominada po las grovenses e unha segunda polas pontevedresas que impuxeron u ritmo máis forte acusando o cansanzo as locais que ainda estan curtas de preparación, pois levan unha semana de adestramentos onde hai varias xogadoras alevíns.
Esta victoria da confianza as xogadoras de cara o incio da Liga e sirven de preparación de cara o inicio da Liga o próximo día 21, quedan 15 dias de preparación pra xonxuntar o equipo e correxir errores. pero este ano creemos que nos van dar moitas alegrías.

AMISTOSOS  BENXAMÍNS:
Os equipos Benxamíns Masculino e Femenino, CB Grove "Amalfi" e "Turimares" desprazaronse a Vilagarcía pra xogar ante os anfitrións de cara a preparar a nova temporada, houbo moitas baixas por enfermedade no masculino o que mermou a súa calidade, pero o máis importante é que se vaian acoplando pois son equipos completamente novos e o que necesitan e xogar e aprender.


1 comentario: