lunes, 15 de octubre de 2012

RESULTADOS EQUIPOS

SENIOR:
SEIS DO NADAL  66:Mallo,Outeiral 12,Domínguez 3,Mouriño 1,Rodríguez 6,Fernández 3,González, Vázquez 6,García 11,Alonso 15,García R 8 e Pérez 1. 
CB GROVE TURIMARES 48: Castro 7,Mauri, Kampa 9, Marcos 8 e Oscar 19, cinco inicial, Fonti 3, Pete 2 e Germán.
Marcadores: 14-3 e 14-19 (28-22 descanso) 24-8 e 14-18 (66-48 final)
Árbitros Srs. Iglesias e Poyo. 16 faltas os vigueses e 26 os grovenses.
Derrota dos grovenses no seu desprazamento a Vigo por 18 puntos tras unha primeira parte igualada, pero un mal inicio do 1º cuarto, parcial de 14-3, fixo que os grovenses remontaran no segundo cuarto para chegar o descanso con 6 puntos de desvantaxe, 28-22. Comenzaron ven os grovenses o terceiro cuarto acercandose no marcador a 3 puntos, 36-33 pero o cansanzo e as numerosas faltas,  fixo mella nos xogadores e acabaron o cuarto 16 puntos abaixo, 24-8. No último cuarto os grovenses reacionan, chegan a poñerse a 6 puntos, 48-42 pero as exclusións por faltas baixan o nivel do conxunto e non son capaces de remontar chegando a esa diferencia de 18 puntos que non reflexa o potencial dos grovenses que se presentaron con 4 baixas moi importantes, Xurxo, Jacobo, Rubén e Luís, uns por  motivos de traballo na Festa do Marisco e outros por lesións, desprazandose soamente con 8 xogadores o non estar disponibles as fichas dos juniors.
JUNIOR:
CB GROVE AMALFI 40: M Angel 4, Brais,Gabriel, Iván 11, Roi 13,Anxo, Eloy 2,Mateo 2 e Sergio 1.
MARIN P G.  66: Latorre 8,Sanchez 1,Otero 16,Gil 5,Perre,De la Fuente,Matesanz 10,Hermida, Delajo 10,Candamil 2,García 10 e Gallego 4.´
Marcadores: 5-21 e 9-17 ( 14-31 descanso) 15-17 e 11 - 11 (40-66 final)
Árbitros Srs. Vidal e Gil R. 10 faltas os locais e 16 os visitantes.
Mala primeira parte dos grovenses que notaron a falta de adestramentos e de pretemporada onde no primeiro cuarto encaixaron un parcial de 5-21 que xa rompeu o partido. Na segunda parte tras o descanso melloraron pero xa era imposible remontar os 24 puntos de diferencia. Confiemos na mellora do equipo nos próximos partidos.
INFANTIL FEMENINO:
CB ARXIL 66 - CB GROVE TURIMARES  32.
Marcadores: 16-2 e 15-6 (31-8 descanso) 15-10 e 20-14.
Mal partido das xogadoras grovenses que se presentaron a xogar con moitas baixas e moitas alevíns no equipo. As pontevedresas foron superiores pero o Cb Grove prantou cara en dous cuartos. Estos partidos de preparación veñen moi ben, pois hai xogadoras que se inician no baloncesto este ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario