miércoles, 24 de octubre de 2012

PARTIDOS XORNADA 27-28/10/2012

Estos son os encontros do próximo fin de semana:
Senior:
MONFORTE DE LEMOS - CB GROVE TURIMARES
Sábado día 27 as 18.h - PAVILLÓN MUNICIPAL A PINGUELA - Ctra. de Sober s/n.
Confiamos en contar con todolos titulares e así poder acadar unha nova victoria. O Lemos é un equipo que se reforzou este ano que leva unha victoria e duas derrotas o igual que o CB Grove os cales esperan regresar con un resultado positivo.
Junior:
CB GROVE AMALFI - ESTUDIANTES PONTEVEDRA
Sábado día 27 as 12h - PAVILLÓN MUNICIPAL MONTE DA VILA
Terceiro partido dos grovenses que acadaron derrotas nos anteriores, pero con unha notable melloría a cal esperamos ver reflexada neste novo encontro. O CB Grove Amalfi ten tres baixas en relación a cando escomenzaron os adestramentos, máis ainda así, faran un bó campionato.
Infantil Femenino:
CB GROVE TURIMARES - CB DORNA
Sábado día 27 as 10h - PAVILLÓN MUNICIPAL MONTE DA VILA.
Escomenza a temporada pra este xoven equipo que ten dous anos de existencia pero que vai medrando e está acadando os obxetivos do seu adestrador que é chegar a cadetes con un nivel alto de competición.
A pesares de non adestrar esta semana todo o equipo por problemas de estudo e baixas por lesións, confiamos que se estreen con unha victoria.
Infantil Masculino:
CB GROVE AMALFI - CB DORNA
Domingo día 28 as 12.h - PAVILLÓN MUNICIPAL MONTE DA VILA.
Nesta dobre confrontación co CB Dorna, os xogadores tamén inician a súa temporada con un equipo moi xoven, pois incorporanse 6 Alevíns que acabaron o ano pasado  o ter 4 baixas por practicar outros deportes pero será un equipo moi competitivo e notaran a falta de altura, pero vanna suplir con agresividade e velocidade, as armas preferidas do seu adestrador.
Alevíns e Benxamíns:
Estamos a espera de buscar rivales, pero a falta de horas no Pavillón farán que se despracen a fora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario