viernes, 21 de septiembre de 2012

PARTIDOS AMISTOSOS 22/09/2012

Este sábado as 16h no Pavillón Monte da Vila o equipo Senior CB OGROVE TURIMARES xoga contra o Estudiantes Pontevedra equipo da 3ª División da FGB e candidato o ascenso. Os grovenses fan a súa presentación ante os seus siareiros con un equipo moi xoven que este ano vainos dar moitas alegrías, xa non é un equipo que descoñezca a categoría e os pupilos de Jose Lamas, adestrador do equipo senior esta temporada, está máis centrados.
Os Juniors do equipo CB OGrove Amalfi xogan en Cambados ante o Xuven o mesmo día pero as 12.15h no Pavillón do Pombal de Cambados. Manolo "Campaña" cree que faran unha boa temporada e un ano máis estaran nos postos altos da clasificación a pesares que este ano a liga é moi forte e son varios os equipos que loitaran po lo ascenso a 1ª División da FGB, Xuven, Estudiantes Pontevedra, BBC, Rio Ulla.
As xogadoras do equipo Infantil do CB OGrove Turimares, tambén se desprazan a Cambados pra xogar as 10.30h no Pavillón do Pombal ante as locais, o Xuven, un equipo que o ano pasado estivo nos postos altos da clasificación.
Os equipos da base xogaran entre eles, pois ainda non hai equipos que esten preparandose pra competir.
Confiamos que fagan uns bós xogos onde o principal é ir collendo o ritmo de cara a tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario