viernes, 14 de septiembre de 2012

COMENZA A TEMPADA 2012-13

Unha temporada máis, e van 39 anos, o Club Baloncesto OGrove inicia os adestramentos de cara a nova tempada con oito equipos: Senior Masculino, Junior Masculino, Infantil Masculino e Femenino, Alevín Masculino e Femenino, Benxamín Masculino e Mixto, todos eles participan na 2ª División da Liga Galega. Os horarios dos adestramentos varian este ano o ter o CB OGrove menos tempo que outros anos e non os máis axeitados pra que nen@s de 5,6 e 7 anos poidan adestrar, pois xa me diran si adestrar no inverno a partires das 18h ou 18.30h son as horas máis axeitadas pra facer deporte a estas idades.Tamén si un Clube que ten o último día de adestramento completo o mercóres pode organizarse e progresar (os venres o CB OGrove ten 2h 30min. de 18.30h ata as 21.00h pra adestrar os 8 equipos) pero imolo intentar como facemos todolos anos e seremos competitivos e sabremos xogar, pois por ter máis horas as veces non xogas mellor, mais axuda si o sabes aproveitar.
Estos son os horarios:
PAVILLÓN DE CONMENIÑO:
LUNS:
Alevíns e Infantiles de 18.00h a 20.00h
MERCÓRES:
Benxamíns, Alevíns e Infantiles 18.00h ata as 20.00h - Juniors e Seniors de 20.00h ata as 22.30h
PAVILLÓN MONTE DA VILA:
MARTES:
Benxamíns-Alvevíns de 16.15h a 18h - Infantiles-Cadetes de 18h a 20h - Juniors-Seniors de 20h a 22.30h
VENRES:
Benxamíns-Alevíns-Infantiles de 18.30h a 19.30h - Cadetes-Juniors-Seniors de 19.30h a 21h.
Intentaremos sacar o mellor rendimento sempre coa axuda dos pais que son unha parte moi importante do Clube.


No hay comentarios:

Publicar un comentario