miércoles, 25 de abril de 2012

Resultados equipos CB OGrove

SENIOR:
SEIS DO NADAL  88 - CB GROVE TURIMARES  48
Último partido dos grovesenses con derrota ante os Campións da Liga, Seis do Nada no Pavillón de Navia, que sabendo que se xogaban o primero posto, non deron opción a nada con un primeiro cuarto perfecto, 5 de 5 en triples e 7 de 7 de dous puntos acabando 29-10, dezanove puntos de diferencia que deixaron o partido sentenciado. O CB Grove Turimares, con un equipo moi xoven, 5 xuveniles nas suas filas, intentaron dar a cara e creemos que fixeron un bo partido a pesares da derrota. Agora a xogar os cruces co equipo do Grupo Norte que é o ADF Rodriguez da Coruña o día 29 no Monte da Vila e o 5 na Coruña. Confiamos que remate a tempada con victorias.
CADETE:
CB GROVE AMALFI  48 - SIGALTEC BBC  43
Victoria dos grovenses no último partido da Liga no Monte da Vila ante numerosos afeccionados que despediron os xogadores con unha ovación. O partido estivo moi igualado con diferencias moi pequenas a favor do CB Grove que acadou a victoria o ter máis acerto nos minutos finales. Destacar a Eloy con 19 puntos e a Pablo con 26 así como a entrega do resto de compañeiros que fixeron unha gran defensa. Agora a xogar os cruces da Liga Galega ante o Maristas de Vigo e o Salesianos COB de Ourense.
INFANTIL FEMENINO:
CB ARXIL  57 - CB GROVE AMALFI  17
Derrota das grovenses no Pavillón de Maxisterio de Pontevedra ante un equipo con máis anos de experiencia e acerto no tiro. O  CB Grove xogou moi ben pero non ten acerto da cara o aro o poñerse moi nervosas, faltañe experiencia, pois é un equipo feito este ano con 6 xogadoras Alevíns e 6 infantiles de primeiro ano as cales para a próxima temporada van a dar moito que falar.
Agora xogarán o cruce da Liga Galega ante o Santiago Apostol de Vigo, este sábado en Vigo e o próximo no Monte da Vila onde as despedirmeos como se merecen despois de facer unha gran temporada.
ALEVÍN MASCULINO:
Xa temos a crónica pra eles solos pois foi un éxito clasificarse pra fase final ante equipos máis superiores que tiñan o seu obxetivo marcado no ascenso. O CB Grove Turimares é un equipo formado de cara o próximo ano con idea de foguearse e disfrutar o ter varios Benxamíns nas suas filas e deron-nos a ledicia de xogar a fase final da Liga Galega. Enhoraboa Campións.
BENXAMINS:
CB GROVE AMALFI 55 - BBC 3  e  CB GROVE TURIMARES  15 - BBC  50.
O equipo Benxamín masculino segue a darnos satisfacións gañando os encontros con un gran nivel de xogo, e iso que os mellores están no equipo Alevín. Nacho, Pedrito, Eric, Adrián, Anxo, Mateo, Carballa, Caneda, Alberto e Noël seguen o frenta da clasificación e temos o futuro asegurado o ter unha gran calidade, pois varios ainda son prebenxamíns.
As nenas perderon, pero tamén estar a dar un gran nivel, notaron as baixas de Thais e María pero temos tamén o futuro asegurado con Dafne, Irene a gran Capitana, Uxía, Natalia, Nerea, Alba, Ainoa, Nati, Xixela as cales seguiran facendo disfrutar os seus familiares e afecionados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario