jueves, 22 de marzo de 2012

RESUMO DA XORNADA 17/03/2012

Foi unha mala xornada pos equipos do Club Baloncesto O Grove. Os seniors,CB Grove Turimares perderon na casa ante o Liceo de Vilagarcía por 52-59 en un partido moi igualado que se resolveu a favor dos visitantes o ter maior acerto nos tiros finales e fallar os locais nos tiros libres, tiveron un floxo porcentaxe, 7 acertados de 19 lanzados.

Os Juniors perderon, CB Grove Amalfi, perdeu en Santiago ante o Compañía de María por 75-47 en un mal partido e tamén po lo caserismo dos colexiados que non deixaron en ningún momento xogar os grovenses que se veian castigados con faltas por roces e consentían o xogo duro dos santiagueses que se xogaban moito, pois de perder quedaban xa eliminados do ascenso. No descanso o CB OGrove perdía por 42-17 e tras as queixas do adestrador Manolo Campaña no descanso o partido xa foi moi igualado como tiña que haber sido dende o principio, 33-30 foi o parcial da segunda parte.

Os Cadetes do CB Grove Amalfi, presentaronse na Illa de Arousa pra xogar contra o Dorna con moitas baixas e perderon por 80-41. Sairon a cumprir co trámite de xogar. Na primeira volta gañaran os grovenses 59-53, pero este fin de semana non era a boa.

O equipo Infantil femenino do CB Grove Amalfi, perdeu no inicio da segunda fase ante o Meco por 37-59 pero dominaron a primeira parte por 19-18 e demostraron unha gran melloría con respecto a primeira fase. É un equipo formado este ano con 5 xogadoras en idade alevín e 7 de primeiro ano infantil que se iniciaron no baloncesto esta temporada e están progresando a pasos axigantados. Temos equipo pa próxima tempada.

Os Alvevíns, CB Grove Turimares perdeu o primeiro posto ante o Meco o perder o basketaverage o perder 61-72 e gañar o primeiro partido por 57-55. Os nervos xogaron unha mala pasada os xogadores de Eric que non pudo estar no banquiño por motivos profesionales. Cometeron erros que normalmente non cometen e fallaron máis do que estan acostumados, agora todo se decidira nos cruces da fase de ascenso a 1ª División.

Os Benxamíns, tanto o equipo Masculino, CB Grove Turimares, como o Mixto, CB Grove Amalfi, gañaron os seus encontros, os primeiros foron moi superiores o Liceo, 0-50 no segundo cuarto en Vilagarcía e o Mixto gañou en Pontecesures 15-28 o Rio Ulla. O equipo CBG Turimares segue o frente da clasificación e o CBG Amalfi acada o terceiro posto. Temos futuro por diante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario