lunes, 5 de marzo de 2012

BO FIN DE SEMANA DO CB OGROVE

Este fin de semana foi moi bó pos nosos equipos. Os Juniors do CB Grove Amalfi romperon a imbatibilidade do BBC que levaba 19 partidos sen perder, nun gran partido dos grovenses que superaron os vilagarcians que son os favoritos a quedar primeiros. O resultado 70-53 non amosa a gran igualdade dos dous equipos, pero un gran último cuarto dos locais, perfectos en ataque e defensa, fixo que os visitantes encaixaran un parcial de 21-4 e a victoria po CBG Amalfi-

Os cadetes perderon en Pontevedra ante o Estudiantes por 76-27, as numerosas baixas que teñen fan que non sexan competitivos, pero dan a cara en todo-los encontros.

Os Alevíns do CB Grove Turimares, seguen con paso firme e imbatidos ata o primeiro posto da clasificación o gañar en Marin o Peixe por 40-52, onde se notaron as baixas de Alvaro e David.

Os Benxamín do CB Grove Turimares e Amalfi gañaron os primeiros na casa o BBC por 58-4 e o Amalfi por 18-38 en Vilagarcía o Liceo. Cada día xogan mellor e dominan os encontros dende o inicio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario