jueves, 8 de marzo de 2012

ASCENSO 1ª DIV.FGB 2011/12

CB GROVE AMALFI 50: Martín 11,Fonti 2,Lobo 10,Alex 16, Luís 12, cinco inicial,Pablo,David, Iván,Eloy e Sergio.

CIA MARIA DE SANTIAGO 53: Varela 2,Caballero 15,Soto 6,García 5,Cabo 5, cinco inicial, Varela 2,Aldrey,Cabo J 14,Martínez 6,Fernández,Blanco,Vidal e Pasantes.

Árbitros Srs. Gil R e López D. Sinalaron 20 faltas os locais, excluídos Alex e Lobo, e 20 faltas os visitantes, sen excluídos.

Marcadores: 15-14 e 23-23 (8-9) descanso, 39-33 (16-10) e 50-53 (11-20)

Celebrouse o martes o partido aprazado da primeira xornada de ascenso a 1ª División da Liga Galega e os grovenses perderon en un partido moi igualado. Os grovenses saíron moi nervosos sen facer o xogo que desenrolaron ante o BBC a xornada anterior, máis ainda así, dominaban o partido, pero nos dous últimos minutos con 47 a 43 a favor, sofriron as exclusións de Alex e Lobo e fallaron 7 tiros libres o que fixo que os visitantes gañasen o partido o anotar os tiros libres, 6 de 8, o que lle dou a victoria.

Os xogadores do CB Grove Amalfi, sabían que si gañaban a outro dos favoritos o ascenso, tiñan moitas posibilidades de quedar campeóns e ascender despois de gañar o favorito, o BBC na casa por 17 puntos, 70-53, e esa presión fixo que non xogaran como saben, cometendo moitas perdas de balón fáciles que lastraban o seu poder ofensivo, pois defensivamente, estiveron moi ben.

Agora o domingo en Noia as 12h no pavillón Municipal, teñen que recuperar o que perderon na casa e así seguir con opcións de ascender, pois dependen de sí mesmos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario