lunes, 19 de septiembre de 2011

Resultados equipos CB OGrove

JUNIOR:

CB GROVE "AMALFI" 67: Martín 2, Fonti 7, Lobo 14, Alex 26 e Luís 12, cinco inicial, Pablo 2, Iván 2, Sergio 2, Eloy e Adrián.

RIO ULLA 45: Magariños,Domínguez 2,Jamardo 9,Bragado 15 e Abalo 8, cinco inicial, López 2, Vázquez,Vieites,Martínez e Llerena 2.

Marcadores: 15-13 e 19-7 (34-20 descanso) 15-13 (49-33) e 18-12 (67-45 final)

Árbitros Srs: Gil R e Solla R. Sinalaron 13 persoales os locais e 11 os visitantes.

O CB OGrove inicia unha nova temporada de Baloncesto e van 38, e con victoria ante un equipo que nunca se entregou, na categoría Junior. Costouñe entrar en xogo os grovenses, os cales por diversos motivos, traballo, estudos,etec. non adestraron xuntos en ningún momento, sendo pra moitos o primeiro contacto co balón, o que fixo que cometeran moitos erros no pase e no tiro, fallando ocasións claras de canastra.

O CB Grove "Amalfi" este ano parte co único motivo de formar os xogadores po equipo Senior que volven a 2ª División Galega. Temos un bo equipo, pero coa nova distribución das Ligas por parte da Federación Galega de Baloncesto, o manter equipos nas mellores Ligas, vai a ser moi caro pos equipos pequenos, pois o ter que xogar coas distintas Delegacións: Ourense, Vigo, Ferrol, Coruña, Santiago ou Lugo, os desprazamentos van a ser máis caros e temos que dispoñer de máis pais pra movernos e os equipos pequenos temo-lo moi dificil pra competir e o desaparecer a Copa Galicia, xa temos menos ilusións.

Volvendo o equipo, confiamos que un ano máis, esté nos postos altos da Clasificación e segan a facer grandes partidos.

Un tempada máis, grazas os afeccionados que nos seguen.

1 comentario:

  1. e jracias a ti por faser realidade a ilusion de moitos rapaces xogar o baloncesto e a dedicasion que ñes prestas.un pai

    ResponderEliminar