lunes, 18 de abril de 2011

Resultados equipos CB OGrove

SENIORS: ¡¡ CAMPEÓNS 2010-11 !!
CB GROVE "TURIMARES" 73: Xurxo 14, Jacobo 5, Kampa 15, Jose 4 e Oscar 22, (cinco inicial) Alex 8, Lobo 2, Rubén 2, Luís, Túñez e Carlos 1.

VINEQUIP VILAGARCÍA 63:Avilés 7,Figueiras 4,García A 16,Leal 14, Espiñeira 9,(cinco inicial)

Rodríguez JC,Rodríguez F,López 3,Patiño,García FJ,Monteagudo 9 e Cascón.

Marcadores: 15-18 e 18-15 (33-33 descanso) 17-17 (50-50) e 23-13 (73-63)

Árbitros Srs: Gil e Charry. Sinalaron 32 faltas os locais excluindo a Jacobo,Kampa e Alex, e 25 faltas os visitantes, excluído Figueiras. Descalificaron a Patiño do Vinequip.

O CB Grove proclamouse campeón da Liga Zonal Arousana despois de realizar un gran partido e remontar un inicio malo, 4-16. O partido foi moi igualado , con marcadores moi igualados durante os 3 primeiros cuartos e ata os últimos 3 minutos con marcador 62-58, onde os locais, a pesares das exclusión e as numerosas faltas que lle sinalaron, realizaron o mellor baloncesto controlando todalas posesións que acabaron en canastra, adquirindo unha diferencia de 12 puntos a falta de 1 min. e 42 seg. que os visitantes intentaron remontar a base de faltas.

Destacar a todo o equipo que superon sobrepoñerse nos momentos dificiles as numerosas baixas: Mauri, Castro, Kampa xogou lesionado, Rubén, Jose.

Décimo título do CB Grove Senior, o cal desexaba esta xeneración que tantos títulos de Copa dou sobre todo, nos últimos catro anos onde estivo en toda-las finais, tanto de Liga como de Copa.

JUNIORS:A FALTA DE UNHA XORNADA, CAMPEÓNS DA LIGA POR 3º ANO SEGUIDO.

Na dobre xornada chojada este fin de semana, o CB OGrove proclamouse xa campeón o gañar o sábado en Vilagarcía o Liceo por 40 puntos, 44-84, e en Pontevedra o domingo o Estudiantes por 19 puntos, 49-68, a falla da última xornada, que sera o domingo 24 as 12.30h non Monte da Vila.

LICEO VILAGARCIA 44: Salón 1,Gerpe, 4,Pérez 7,Tavares 4,Aloy 6,Lameiro 14,Cobas 4,Rey 4, Lago,Prol e Matia.

CB GROVE "AMALFI" 84: Rubén 18, Eloy 5, Luís 9, Pablo 9, Iván, Martín 15, Carlos 2, Sergio 3 e Nacho 23.

Marcadores: 8-21 e 9-21 (17-42 descanso) 18-18 (35-60) e 9-24 (44-84 final)

Árbitros Srs. Baena e Vázquez. Sinalaron 19 faltas os locais, excluindo a Gerpe, e 18 os visitantes, eliminando a Eloy do CB Grove.

Victoria fácil dos grovenses que se presentaron a este encontro sin tres dous seus mellhores chojadores: Xurxo, Alex e Lobo, que se quedaron no Grove pra reforzar o equipo Senior no seu partido decisivo pra proclmarse Campeóns, que foron suplidos perfectamente po los cadetes: Eloy, Pablo e Sergio. Dende o inicio dominaron o encontro, no descanso xa gañaban por 25 puntos, e o terceiro cuarto foi o máis igualado o estar en pista os tres cadetes.

ESTUDIANTES 49: Kontrimas, Guiance, González 12, Miranda 6, Couso 6, De Juan 5, Pérez, Loira 2, Villanueva, Míguez 6, Jurczyszyn 5 e Pichel 7.

CB GROVE "AMALFI" 68: Pablo, Sergio 2, Martín 8, Nacho 14, Alex 19, Carlos 5, Iván, Lobo 5, Luís 5 e Xurxo 10.

Marcadores: 9-15 e 5-18 ( 14-33 descanso) 23-12 (37-45) e 12-23 ( 49-68 final)

Árbitros Srs. Clemente e García. Sinalaron 26 faltas os locais e 22 os visitantes. Eliminados Miguez e Pichel po lo Estudiantes e Xurxo po lo CB Grove.

Mal partido dos chojadores grovenses no primeiro cuarto, os cales sabendo que eran superiores e vendose campeóns da liga, non se esforzaron moito, ademáis estaban cansos, pois chojaron o sábado un partido moi importante cos seniors e contra o Liceo, tres partidos en 36 horas.

No segundo cuarto foron máis serios e xa case estiveron o seu nivel, 5-18. Tras o descanso o adestrador M Campaña, puxo en pista os tres cadetes como fixera o sábado, pra que se vaian adaptando pra próxima temporada, e o partido foi dominado po los pontevedreses, 23-12, pero no último volveron a normalidade e o Cb Grove, gañou comodamente, alcanzado en algúns momentos os 30 puntos de diferencia. Lamentar unha nova lesión, Nacho con rotura de fibras que xa o aparta case seguro po resto da temporada e confiamos en recuperar a Rubén, que non chojou, o lesionarse o sábado no partido dos Seniors.

ALEVIN MASCULINO: (dobre xornada)

CB GROVE "H. RAVELO" 44: Walli, Daniel, Brais, Alberto, Luís, David, Oscar, Diaz, Alvaro e Xabi.

XUVEN CAMBADOS 64:

Derrota dos grovenses que non puderon cos cambadeses en un partido ben chojado po los dous equipos. Sentimos non dar os puntos, pois o acta e intelexible.

CB GROVE " H RAVELO" 55: Walli 9, Daniel 10, Brais, Alberto, Luís 10, David 2, Oscar 5, Diaz 8 e Xabi 10.

LICEO VILAGARCÍA 26: Gómez 5,Giméez 4,Rodríguez 6, Martínez, Goday 3, Duran 3, Granja 5 e Rodríguez C 3.

Marcadores: 12-0, 4-3 e 14-12 (30-15 descanso) 12-1, 13-4 e 0-6 ( 55-26 final)

Gran partido do CB Grove que dende o inicio dominou o encontro e foi superior o Liceo que tamén fixeron un bo partido e iso que os dous equipos estaban cansados e tiñan moitas baixas por ser domingo de Ramos e ter que haber chojado o sábado outro partido e varios pais non deixaron os seus fillos ir a chojar, e con razón, pois esta Liga ninguén a entende.

1 comentario: