martes, 15 de febrero de 2011

Resultados equipos CB OGrove 12 13 Febreiro

Novo triunfo do CB O Grove, na Lama

O primeiro equipo do club grovense logrou a pasada fin de semana unha importante vitoria ante o A Lama (82-60), que os deixa a tan só un partido de lograr o seu pase para a fase de ascenso. Ademais, a pasada xornada deixou tamén as derrotas dos equipos cadete e infantil, e a vitoria do alevín masculino.

Texto: I. Rodríguez

Liga Zonal sénior

CB Grove Turimares, 82

A Lama, 60

CB O Grove: Xurxo (20), Castro (23), Tuñez, Jacobo (2), Mauri (10), Lobo, Lamas, Iglesias (6) e Óscar (21).

A Lama: Díaz, Hurtado (8), Vasquez (16), Gamboa, Charlín (7), Diz, Búa (15) e Mintssiczas (14).

Árbitros: Rivadulla e Castro. Sinalaron 16 faltas aos locais e 23 aos visitantes.

Parciais: 15-13, 26-10 (41-23), 25-18 (66-41), 16-19 (82-60).

O sénior do CB O Grove logrou a pasada fin de semana gañar un importante partido ante o equipo da Lama, o que os sitúa a tan só unha vitoria de clasificarse para a fase final, na que poderán optar a unha das dúas prazas de ascenso. Neste encontro correspondente a penúltima xornada na Liga Zonal arousá, os grovenses foron capaces de sobreporse a dureza dos seus rivais e dominar o partido dende o comezo, liderados por Castro e Óscar, que anotaron practicamente a metade dos puntos do seu equipo.

Agora, o CB O Grove buscará o seu billete para a fase final na última xornada da primeira fase, que se celebrará a vindeira fin de semana, e que os medirá co San Mauro de Vilanova, ao que xa derrotaron na primeira volta. Tras caer nas dúas xornadas anteriores co CAB de Vilagarcía (94-67), e co Pippen Sport Laxe (74-82), os grovenses atópanse actualmente no segundo posto da clasificación con 10 vitorias e 3 derrotas, idéntico balance que o equipo de Laxe, terceiro clasificado, e ao que superan no average. Polo tanto, unha vitoria na última xornada suporá a clasificación automática dos grovenses para a fase final.

Liga Zonal cadete

Basketdeza, 44

CB O Grove Amalfi, 35

Basketdeza: García (9), Espiñeira (10), Carballeda, Colmenar (2), Rodríguez (2), Calvo, Díaz (3), Mouriño (2), Vence e Rodríguez (18).

CB O Grove Amalfi: Eloy (16), Brais, Antonio, Gabriel, Iván (10), Pablo (3), Martín, Anxo e Sergio (6).

Árbitro: Martín. Sinalou 16 faltas aos locais e 8 aos visitantes.

Parciais: 17-6, 11-8 (28-14), 8-6 (36-20), 8-15 (44-35).

Os grovenses pagaron o seu mal inicio e caeron derrotados na súa visita ao campo do Basketdeza. Os xogadores de Lalín foron mellores durante os tres primeiros cuartos, e lograron de xeito merecido a súa primeira vitoria no que vai de tempada. O cadete do CB O Grove, que a pasada fin de semana non amosou a súa mellor versión, acumula un balance de dúas vitorias e catro derrotas trala celebración das seis primeiras xornadas da Liga Zonal.

Liga Zonal infantil

CB O Grove Heladería Ravelo, 21

Marín Peixe Galego, 68

CB O Grove Heladería Ravelo: Óscar (2), Daniel (6), Gabriel (6), Luís (4), Díaz (3) e David.

Marín Peixe Galego: Fernández (8), Villegas (14), Durán (15), Vidal, Aguirre (5), Padín (2), Touriño e Bykhsrbichen (24).

Árbitros: Abuín e Fernández.

Parciais: 4-18, 6-18 (10-36), 8-17 (18-53), 3-15 (21-68).

Partido dominado dende o primeiro minuto polo equipo de Marín, que se amosou en todo momento moi superior aos grovenses. A diferenza física entre ambos conxuntos é patente, non en van, o Peixe Galego ocupa o segundo posto na Liga Zonal mentres que o CB O Grove atópase situado no sétimo e último posto do seu grupo.

Liga Zonal alevín

CB Dorna, 49

CB O Grove, 52

CB Dorna: Romero (2), Rey, García (10), Barbosa (18), Poza (7), Otero J, Otero I. (2), Fernández (6) e Vidal (4).

CB O Grove: Emilio (2), Martín (8), Daniel (11), Alberto, Daniel (9), Óscar, Díaz (14), Álvaro (6) e Xabi (2).

Terceira vitoria consecutiva do alevín masculino do CB O Grove, que se consolida na zona media da Liga Zonal tras superar por tan só tres puntos ao Dorna da Illa de Arousa.

mas cb ogrove dorna

1 comentario: