martes, 5 de octubre de 2010

Victoria do CB Grove Amalfi Junior

BBA PONTEVEDRA 44
CB GROVE "AMALFI" 70
Rubén 11, Sergio 5, Luís 8, Martín 2, Iván 2, Fonti 3, Pablo 16, Alex 17, Carlos 4 e Nacho 2.
Marcadores: 9-20, 24-38 descanso, 33-54 e 44-70 final.
Victoria que clasifica os grovenses pra xogar a fase de ascenso a Liga Galega a falta de dos encontros o clasificarse os dous primeiros.
Partido dominado dende o inicio po los grovenses que non notaron as baixas. Sabendo o que se xogaban defenderon moi forte o que provocaba fallos no ataque local que era aproveitado pra facer contraataques que acababan en canastra. O CB Grove "Amalfi" esta a xogar a grun nivel e si nos cruces de ascendo a Liga Galega ten un pouco de sorte co rival, e posible que ascendan.
CB GROVE "AMALFI" - BBC VILAGARCÍA, que non se xogou por non estar o campo pintado como ordena a Fegaba, foi dado por perdido por 0-2 e estamos a espera do fallo do recurso presentado po lo CB Grove, o cal considera unha inxusticia e unha cacicada por parte do Sr. Delegado da Delegación Arousana, exdirectivo do BBC, o Sr. Jose Luís Renda, que non quixo aprazar o partido alegando que no ía pasar nada. Xa volvemos as andadas, os tempos de antes, e xa no lo temíamos os clubes, a culpa foi nosa por aprazar o partido pra que fose a xogar un amistoso a Portugal co visto bo do Sr. Delegado, que ésta sí é unha causa xustificada pra aprazar un partido según él.
O partido Cadete Peixe Fresco de Marín - CB Grove "Amalfi" non se xogou o estar a pista inundada de auga po lo temporal. Agora a esperar. Xa non quedan datas e imos pagar os Clubes unha vez máis, a elaboración dunha liga que non ten pés nin cabeza.

1 comentario:

  1. fai favores que despois xa cho agradesen de esa forma. a cara de can, punto pelota. bueno haber si temos sorte no cruce.

    ResponderEliminar