O comezo do ano non puido ser mellor para o CB Grove. Dous dos tres equipos, que disputaron competición zonal a pasada fin de semana, lograron impoñerse aos seus rivais. Os júnior acadaron unha contundente vitoria na casa ante o Río Ulla e os infantís fixeron o propio na súa visita ao pavillón do Xuven. A única pega na xornada foi a derrota do alevín mixto ante o Xuven B. Júnior masculinoCB Grove Amalfi, 73 Río Ulla, 41
CB Grove: Rubén (8), Luis (4), Xurxo (12), Iván, Lobo (7), Túñez, Alejandro (29), Carlos, Sérgio, Germán (2), Raul (11) Río Ulla: Llerena (6), Ríos (2), Núñez (4), Paz (2), Portas (5), Sánchez (3), Baleiron (3), Acosta (16). Árbitros: Blanco e Álvarez Parciais: 19-12, 17-8 (36-20); 23-10 (59-30), 14-11 (73-41). Incidencias: encontro correspondente á sétima xornada da Liga Zonal Arousá, disputado no pavillón municipal Monte da Vila (O Grove).
Os grovenses mostráronse moi superiores ao seu rival. O Río Ulla, que tan só puido aguantar os primeiros minutos, non puido con un CB Grove que rompeu o encontro no segundo cuarto e rematouno trala volta do vestiario. A falta do resultado do encontro ACD Dorna - Xuven, o CB Grove sitúase primeiro na clasificación con 6 vitorias e unha derrota, por detrás os cambadeses contan con 6 vitorias e ningunha derrota, iso si, cun encontro menos.
Infantil masculino Xuven Cambados, 40 CB Grove H.Ravelo, 54
CB Grove xogaron: Anxo (6), Eloy (12), Luis, Martín, Roberto (8), Roi, Pablo (25), Brais (3), Daniel, Gabriel. Árbitros: Vidal e García. Parciais: 9-17, 5-14 (14-31); 15-8 (29-39), 11-15 (40-54) Incidencias: encontro correspondente á sexta xornada do grupo B da Liga Zonal, disputado no pavillón do Pombal (Cambados).
O CB Grove acadou unha importante vitoria na cancha do Xuven de Cambados, que os upa ao primeiro posto da clasificación empatados co CB O Meco.
Alevín CB Grove mixto, 3 Xuven masculino B, 56
CB Grove: Lúa, Olgui, Mara, Ana, Paula, Alba, Alberto, Lois, Noel, Xabi. Xuven B: Pablo, Pedro, David, Alex, Cesar, Iván, Vicente, Nico, Rubén. Árbitro: Sisko. Parciais: 1-14, 1-28, 3-34, 3-56 Incidencias: encontro correspondente á oitava xornada da liga mixta minibasket, disputado no pavillón municipal Monte da Vila (O Grove)
Os cambadeses, que foron moi superiores, provocaron a única derrota da xornada par aos equipos do CB Grove. Os grovenses sitúanse sétimos na clasificación, por detrás dos seus compañeiros do equipo masculino.
CLASIFICACIÓNS
|
martes, 12 de enero de 2010
Resultados dos partidos do fin semana 9 e 10 de Enero
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
fuente, todogrove..
ResponderEliminar