martes, 10 de noviembre de 2009

Novo tropezo do equipo sénior do CB Grove na Liga Zonal Arousá

lunes, 09 de noviembre de 2009
Os de Manuel Sanmartín non lograron superar ao Graünner Illa de Arousa (50-65) no Monte da Vila e suman a súa segunda derrota. Os júnior e infantís abriron a tempada con sendas vitorias ante CBB Pontevedra e Xuven de Cambados. Na categoría alevín, unha vitoria para o masculino e unha derrota para o mixto foi o balance do fin de semana.

Sénior masculino
CB Grove, 50
Graünner Illa de Arousa, 65
CB Grove: Xurxo (8), Castro, Budy (6), Jacobo (8), Fran, Rubén (6), Besada, Lamas (13), Naranjo, Oscar (9).
Graünner: Abal (5), Dolado (2), Pombo (10), Alba, Rodríguez (5), Otero (11), Iglesias (11), Cores (2), Torres e Otero D (19).
Parciais: 14-10, 13-16 (27-26); 12-23 (39-49), 11-16 (50-65)
Incidencias: encontro correspondente á terceira xornada da Liga Zonal Arousá, disputado no pavillón municipal Monte da Vila (O Grove).
Segunda derrota da tempada para o equipo de Manuel Sanmartín na competición zonal. Os grovenses acusaron, sobre todo baixo aros, a ausencia dos seus pivots, Mauri e Pablo. O encontro estivo marcado pola dureza no xogo, do equipo visitante.
A vindeira xornada, o Club Baloncesto Grove desprazarase a Bamio para enfrontarse a El Doce, equipo que a pasada tempada militaba na segunda zonal.


Júnior masculino
CB Grove Amalfi, 84
CBB Pontevedra, 54
CB Grove: Rubén (13), Xurxo (9), Choco (2), Eric (6), Iván, Lobo (15), Túñéz, Uru (22), Naranjo (9), Yuri (2), Naranjo (6) Germán.
CBB Pontevedra: Pereira (2), Losada, Fernández, Barros (6), Sosa, Filgueira (16), Álvarez (7), Cernadas (4), Montes, Nogueira (2), Baras (2), Portela (15)
Parciais: 20-17, 14-10 (34-27); 27-11 (61-38), 23-16 (84-54).
Incidencias: encontro correspondente á primeira xornada da Liga Zonal Arousá, disputado no pavillón municipal Monte da Vila (O Grove).
O CB Grove iniciou a Liga Zonal cunha vitoria importante ante un equipo difícil. O encontro resultou moi igualado durante os primeiros 20 minutos, non foi ata o terceiro cuarto cando o choque rachou definitivamente a favor do equipo local logo dun parcial de 27-11. O acerto anotador de Uru con 22 tantos, clave na vitoria grovense.
O ADC Dorna será o rival do CB Grove na vindeira xornada

Infantil masculino
CB Grove Ravelo, 65
Xuven Cambados, 55
CB Grove: Anxo (13), Eloi (14), José, Dani, Roi (16), Pablo (16), Mateo (2), David, Brais (4), Gabriel, Manuel.
Xuven: Cousido (5), Núñez, Paz (7), Cacabelos, Abal (6), Pillado (16), Rodríguez, Gómez (5), García (16).
Parciais: 23-24, 12-9 (35-33); 17-12 (52-45), 13-10 (65-55)
Incidencias: encontro correspondente á primeira xornada da Liga Zonal Arousá, disptuado no pavillón municipal Monte da Vila (O Grove).
Os grovenses estrearon a competición cunha vitoria ante o equipo cambadés. Ao igual que o equipo júnior, os infantís tamén comezaron a despegar no marcador tralo descanso.

Competición alevín
O equipo masculino do Club Baloncesto Grove sumou a súa primeira vitoria na competición zonal a costa do Escolas Deportivas Concello de Sanxenxo. Os cativos venceron 60-15 nun encontro que despuntou durante a segunda metade.
Peor sorte correo o conxunto mixto, que viu como o BBC B lle pechou a acta. Os vilagarciáns, moi superiores, venceron por 55-5.

No hay comentarios:

Publicar un comentario