jueves, 24 de febrero de 2011

Horarios partidos equipos CB Grove xornada 26-27 febreiro

SENIOR:
CB GROVE "TURIMARES" - ILLA D'AROUSA
Domingo día 27 as 12.15 - PAVILLÓN MONTE DA VILA.
noticia todogrove
JUNIOR:
CB GROVE "AMALF" - BBC VILAGARCÍA
Sábado día 26 as 12.15h - PAVILLÓN CONMENIÑO.
ALEVÍN MASCULINO:
BB PONTEVEDRA - CB GROVE
Domingo día 27 as 11.00h - PAVILLÓN DA ILLA D'AROUSA
ALEVÍN FEMENINO:
RIO ULLA - CB GROVE "ABROLLOS"
Domingo día 27 as 1700h. PAVILLÓN DE CAMBADOS POMBAL
BENXAMÍNS MASCULINOS-FEMENINO E MIXTO:
LICEO VILAGARCÍA - CB OGROVE
Sábado día 26 as 10.30h. PAVILLÓN DE CASTELAO - VILAGARCÍA.

martes, 22 de febrero de 2011

Resultados equipos CB OGrove

SENIOR:
CB GROVE "TURIMARES" 76: Xurxo 13, Castro 15, Túñez, Jacobo 3, Mauri 9, Pablo, Rubén 7, Alex 10, Lamas, Carlos e Oscar 19.
SAN MAURO VILANOVA 63: Baulo 2,Portas A,Martínez, Santos,Portas P 7,Alcaine 3, Chazo 3, Fresco 8,Fajardo 21,Portas R 2 e García 17.
Marcadores: 19-19 e 39-34 descanso, 54-44 e 76-63 final.
Árbitros Srs. Abuín e Fernández. Ben.
Victoria sufrida do CB Grove na última xornada da Liga e que os clasifica pra liguilla final como subcampións de grupo. Tras unha primeira parte moi igualada, os grovenses conseguiron despegarse no marcador no terceiro cuarto onde xa acadaban vantaxes de 10-15 ptos e que chegaron a ser de 20 a mitade do último cuarto.
JUNIOR:
CB GROVE "AMALFI" 68: Rubén 9, Xurxo 11, Luís 4, Bea 4,Iván 2,Fonti, Lobo 9, Alex 19, Pablo 1, Carlos 6, Sergio e Nacho 3.
ESTUDIANTES PONTEVEDRA 32: Kontrinas 3, Guance 2, Barba 3, Miranda 2, Couso 3, De Juan 8, Villanueva, Miguez 2, Jurczysyn 4 e Pichel 5.
Marcadores: 25-5 e 39-17 descanso, 55-21 e 68-32 final.
Árbitro Sr. Gil R. Ben.
Finaliza a primeira volta da Liga con unha nova victoria dos xogadores grovenses que seguen o frente da clasificación. O CB Grove foi moi superior o Estudiantes de Pontevedra, os cales no primeiro cuarto xa perdian por 20 ptos. o que fixo que o adestador local movera moito o banco danto minutos os xogadores cadetes.
CADETES:
CB GROVE "AMALFI" 63: Eloy 7, Brais 4, Gabriel, Ivan 23, Pablo 10, Kevin, Martín, Anxo 2 e Sergio 17.
BB PONTEVEDRA 56: Castro 2, Magdalena 7,Muiños 8,Villamil, Mesa, Barcís 8, Cortizo 8, Arpón 2, Couso 4, Filgueira, Fariña 2 e Portela 15.
Marcadores: 19-16 e 31-30 descanso, 43-49 e 63-56 final.
Árbitro Sr. Gil R. Ben.
Victoria sufrida do CB Grove ante un dos favoritos a quedar campeón da Liga os cales chegaron a gañar no final do tercerio cuarto por 6 ptos. No último e decisivo cuartos, os xogadores grovenses apretaron en defensa e acertaron no ataque conseguindo un parcial de 25-7 que o final foi decisivo.
INFANTIL:
CB GROVE "HELADERÍA RAVELO" 41: Roi, Oscar 2, Garrido, Gabriel 11, Jose, Daniel 18, David 4 e Diaz 6.
PUB BOLICHE ESTRADA 22: Picans M 8, Picans P, Mato, SanLuis, Castro 2, Fraiz, Ferreiro, López 2, Pozos 10, Valcárcel, Susavila e Sanmartín.
Marcadores: 6-6 e 18-12 descanso. 28-16 e 41-22 final.
Árbitros Srs. Fernández e Abuín. Ben.
Nova victoria do CB Grove despois de luchar e defender moito ante un equipo moi duro de vencer, pois luchan ata o final. O marcador foi moi baixo, pois nos dous equipos, a maioria dos xogadores son alevíns e estan en formación de cara a próxima tempada.

ALEVÍN MASCULINO:
CB GROVE "HELADERÍA ROMEO" 64: Emilio 2,Martín 8 Daniel 7,Brais, David 17, Oscar, Díaz 6 e Alvaro 19.
REALE THEBES ESTRADA 28; Barroso,González 6,Chao 8,Castro 4, SanLuis 2,Mato 4, López 4, Sanmartín e Brea.
Marcadores: 18-0, 24-8 e 26-15 descanso, 46-19, 59-24 e 64-28 final.
Nova victoria do CG Grove que leva xa 5 seguidas e que os coloca nos postos altos da clasificación, cada partido xogan mellor o ir collendo o tranquillo a xogar en medio campo, cousa que non lles favorece o seu estilo de xogo.
ALEVÍN FEMENINO:
CB GROVE " BROLLOS" 14: Alba, Mara, Ana, Olgui, Vanessa, Silvia e Cecilia.
AC CORTEGADA 54.
Derrota das xovenes xogadoras grovenses ante un equipo moi superior ante as cales intentaron facelo ben, pero non puderon, pero ainda así, cada día xogan mellor e as diferencias cada vez son máis curtas tendo enconta que a maioria das xogadoras son Benxamíns.
RESUMEN:
O fin de semana foi un éxito dos equipos do CB Grove, pois logaron 5 victorias de seis posibles e os Benxamíns masculino e femenino, fixeron un gran partido ante o Marín Peixe Galego.

jueves, 17 de febrero de 2011

Horarios partidos equipos CB Grove

SENIOR:
CB GROVE "TURIMARES" - SAN MAURO VILANOVA
Sábado día 19 as 18.15h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
JUNIOR:
CB GROVE "AMALFI" - ESTUDIANTES PONTEVEDRA
Domingo día 20 as 12.15h. - PAVILLÓN MONTE DA VILA
CADETE:
CB GROVE "AMALFI" - BB PONTEVEDRA
Domingo día 20 as 10.30h. - PAVILLÓN MONTE DA VILA.
INFANTIL:
CB GROVE "HELAD. RAVELO" - PUB BOLICHE A ESTRADA
Sábado día 19 as 16.30h. - PAVILLÓN MONTE DA VILA.
ALEVÍN MASCULINO:
CB GROVE - CB ESTRADA
Domingo día 20 as 18.15h - PAVILLÓN DA RAÑA - MARIN
ALEVÍN FEMENINO:
CB GROVE - CORTEGADA "B"
Domingo día 20 as 18.15h - PAVILLÓN MAXISTERIO - PONTEVEDRA.

martes, 15 de febrero de 2011

Resultados equipos CB OGrove 12 13 Febreiro

Novo triunfo do CB O Grove, na Lama

O primeiro equipo do club grovense logrou a pasada fin de semana unha importante vitoria ante o A Lama (82-60), que os deixa a tan só un partido de lograr o seu pase para a fase de ascenso. Ademais, a pasada xornada deixou tamén as derrotas dos equipos cadete e infantil, e a vitoria do alevín masculino.

Texto: I. Rodríguez

Liga Zonal sénior

CB Grove Turimares, 82

A Lama, 60

CB O Grove: Xurxo (20), Castro (23), Tuñez, Jacobo (2), Mauri (10), Lobo, Lamas, Iglesias (6) e Óscar (21).

A Lama: Díaz, Hurtado (8), Vasquez (16), Gamboa, Charlín (7), Diz, Búa (15) e Mintssiczas (14).

Árbitros: Rivadulla e Castro. Sinalaron 16 faltas aos locais e 23 aos visitantes.

Parciais: 15-13, 26-10 (41-23), 25-18 (66-41), 16-19 (82-60).

O sénior do CB O Grove logrou a pasada fin de semana gañar un importante partido ante o equipo da Lama, o que os sitúa a tan só unha vitoria de clasificarse para a fase final, na que poderán optar a unha das dúas prazas de ascenso. Neste encontro correspondente a penúltima xornada na Liga Zonal arousá, os grovenses foron capaces de sobreporse a dureza dos seus rivais e dominar o partido dende o comezo, liderados por Castro e Óscar, que anotaron practicamente a metade dos puntos do seu equipo.

Agora, o CB O Grove buscará o seu billete para a fase final na última xornada da primeira fase, que se celebrará a vindeira fin de semana, e que os medirá co San Mauro de Vilanova, ao que xa derrotaron na primeira volta. Tras caer nas dúas xornadas anteriores co CAB de Vilagarcía (94-67), e co Pippen Sport Laxe (74-82), os grovenses atópanse actualmente no segundo posto da clasificación con 10 vitorias e 3 derrotas, idéntico balance que o equipo de Laxe, terceiro clasificado, e ao que superan no average. Polo tanto, unha vitoria na última xornada suporá a clasificación automática dos grovenses para a fase final.

Liga Zonal cadete

Basketdeza, 44

CB O Grove Amalfi, 35

Basketdeza: García (9), Espiñeira (10), Carballeda, Colmenar (2), Rodríguez (2), Calvo, Díaz (3), Mouriño (2), Vence e Rodríguez (18).

CB O Grove Amalfi: Eloy (16), Brais, Antonio, Gabriel, Iván (10), Pablo (3), Martín, Anxo e Sergio (6).

Árbitro: Martín. Sinalou 16 faltas aos locais e 8 aos visitantes.

Parciais: 17-6, 11-8 (28-14), 8-6 (36-20), 8-15 (44-35).

Os grovenses pagaron o seu mal inicio e caeron derrotados na súa visita ao campo do Basketdeza. Os xogadores de Lalín foron mellores durante os tres primeiros cuartos, e lograron de xeito merecido a súa primeira vitoria no que vai de tempada. O cadete do CB O Grove, que a pasada fin de semana non amosou a súa mellor versión, acumula un balance de dúas vitorias e catro derrotas trala celebración das seis primeiras xornadas da Liga Zonal.

Liga Zonal infantil

CB O Grove Heladería Ravelo, 21

Marín Peixe Galego, 68

CB O Grove Heladería Ravelo: Óscar (2), Daniel (6), Gabriel (6), Luís (4), Díaz (3) e David.

Marín Peixe Galego: Fernández (8), Villegas (14), Durán (15), Vidal, Aguirre (5), Padín (2), Touriño e Bykhsrbichen (24).

Árbitros: Abuín e Fernández.

Parciais: 4-18, 6-18 (10-36), 8-17 (18-53), 3-15 (21-68).

Partido dominado dende o primeiro minuto polo equipo de Marín, que se amosou en todo momento moi superior aos grovenses. A diferenza física entre ambos conxuntos é patente, non en van, o Peixe Galego ocupa o segundo posto na Liga Zonal mentres que o CB O Grove atópase situado no sétimo e último posto do seu grupo.

Liga Zonal alevín

CB Dorna, 49

CB O Grove, 52

CB Dorna: Romero (2), Rey, García (10), Barbosa (18), Poza (7), Otero J, Otero I. (2), Fernández (6) e Vidal (4).

CB O Grove: Emilio (2), Martín (8), Daniel (11), Alberto, Daniel (9), Óscar, Díaz (14), Álvaro (6) e Xabi (2).

Terceira vitoria consecutiva do alevín masculino do CB O Grove, que se consolida na zona media da Liga Zonal tras superar por tan só tres puntos ao Dorna da Illa de Arousa.

mas cb ogrove dorna

martes, 8 de febrero de 2011

Horarios partidos equipos CB Grove

SENIOR:
CP A LAMA - CB GROVE "TURIMARES"
Domingo día 13 as 11h. na Lama.
CADETE:
BASKETDEZA - CB GROVE "AMALFI"
Domingo día 13 as 18h. en Lalín.
INFANTILES:
CB GROVE "HELADERÍA RAVELO" - MARIN PEIXE GALEGO
Sábado día 12 as 17h Pavillón Colexio Conmeniño.
ALEVÍN MASCULINO:
CB DORNA - CB GROVE "HELADERÍA ROMEO"
Domingo día 13 as 17.45h
PAVILLÓN DO POMBAL - CAMBADOS
ALEVIN FEMENINO:
O MECO - CB GROVE "ABROLLOS"
Domingo día 13 as 11.00h
PAVILLÓN DO COLEXIO A TORRE - ILLA D'AROUSA
BENXAMINS:
MARIN PEIXE GALEGO - CB OGROVE
Sábado día 12 as 11.30h
PAVILLÓN DA RAÑA - MARIN.

Resultados equipos CB OGrove

SENIOR:
PUB LERIA 56: Abalo 6,Costa 7,Rial,Aragunde 7,Caula 17,Portas 6, Arenaz 4 e Agra 9.
CB GROVE TURIMARES 69: Castro 19,Túñez,Jacobo 3,Mauri 15,Kampa 12,Jose 6,Carlos e Oscar 14.
Marcadores: 7-15 e 29-24 descanso, 43-42 e 56-69 final.
Árbitros Srs. Baena e Gil J.
Mal partido dos grovenses o xogado no Pavillón de Sto. Tomé de Cambados o sábado as 12, nun horario non normal e que non entendemos, pois os xogadores traballan a maioria po la mañán e isto fixo que varios xogadores chegaran tarde e outros sen concentración.
O CB Grove sobrepuxose o mal xogo no último cuarto e douñe a volta o marcador e así seguir de segundos o que ñes da a opción de xogar a liguilla final. Faltan dos partidos, ambos asequibles, pero non se poden confiar.
JUNIOR:
BB PONTEVEDRA 37: Suarez 11,Espina,Sosa 9,Filgueira 2,Barcón 8,García,Portela J 2,Cortizo 5 e Portela A.
CB GROVE AMALFI 51: Rubén 6,Xurxo 12,Luís 4,Iván,Fonti,Lobo 4,Alex 17 e Nacho 8.
Marcadores: 9-9 e 20-17 descanso. 26-39 e 37-51 final.
Árbitros Srs. Charry e González.
Primeira parte horible dos xogadores de M Campaña que saliron confiados e acabaron anotando solamente 17 ptos. que é o que encestan normalmente nun cuarto. e chegaron o descanso perdendo de 3 ptos.
Tras una conversa e un cambio de actitude, parcial de 6-22 no terceiro cuarto, o CB Grove gañou con facilidade un partido que se puxo de costa arriba por falla de mentalidade. Con esta victoria os grovenses seguen de primeiros con opcións de xogar a Copa Galicia.
INFANTIL:
CB GROVE AMALFI 50: Eloy 13,Iván 16,Gabriel,Pablo 15,Anxo 2 e Sergio 4.
SIGALTEC BBC 60: Piñeiro,Gondar 4,Fernández,Abalo,Paz,Martínez,Ares 23,Otero 2,Rodríguez 9,Domínguez 15,García e Uddo 7.
Marcadores: 16-16 e 32-23 descanso, 42-42-48 e 50-60 final.
Árbitros Srs. Gil R e Solla.
Gran partido dos chojadores de Eric ante o lider do campionato, os cales pra gañar tiveron que aproveitarse do baixon físico o ter soamente 6 chojadores o CB Grove e acabar os últimos minutos con 4 en pista.
Esta derrota sabe a victoria de dañe moita confianza o equipo de cara a Copa Arousana que o obxetivo e día a día van chojando mellor e eles vanse dando conta de que hay que traballar pra ser mellores.
ALEVÍN MASCULINO:
MARIN PEIXE GALEGO 4: Oniuza 2, Anqua, García, Lage, Fernández, Vidal, Fontanes, Aguirre, Sobral 2.
CB GROVE 54: Martín 8,Daniel 18,Alberto 2,Luís 2,David 4,Oscar 2,Díaz 8,Alvaro 8 e Xabi 2.
Victoria do equipo grovense que foi moi superior o Marín, que nunca puderon superar a defensa
que ñe impuxeron os chojadores de M Campaña, os cales cada día van a máis. O chojar en campo ancho favorece o chojo que fan e sintense máis cómodos, ca cando chojamos a medio campo, onde anda perdidos e apiñados sen espacios pra moverse.
ALEVÍN FEMENINO:
CB DORNA 42 - CB GROVE ABROLLOS 28: Alba, Mara, Ana, Sabela, Olgui e Vanessa.
Superioridade das chojadoras do Dorna que impuxeron a súa maior altura ante o que non puderon faser nada as rapazas de Berto. Non temos anotación pois non se ve na acta.
BENXAMÍNS:
CB GROVE MASCULINO: Angel,Joaquin,Alberto,Nacho,Pablo,Lois,Roi,Noel,Brais e Joaquín.
CB GROVE FEMENINO: Carla, Maria, Sabela, Olgui, Natalia, Cecilia, Marta e Vanessa.
Partidos amigables que se xogaron contra o Liceo de Vilagarcía o domingo a mañán, onde os pais puderon disfrutar co chojo do seus fillos. Hay canteira e boa.

viernes, 4 de febrero de 2011

Horarios fin de semana 5 e 6 de Febreiro

SENIOR:
PUB A LEIRA - CB GROVE "TURIMARES" Sabado 5 as 12:00 Pabellón San Tome Cambados

JUNIOR:
BB PONTEVEDRA -CB GROVE "AMALFI" Sabado 5 as 12:00 Pavillón Multiusos Xunqueira. Saida as 10:30 do Pavillón

CADETE:
CB GROVE"AMALFI"- BBC VILAGARCIA Sabado 5 as 10:00. PAVILLÓN MONTE DA VILA. Estar no Pavillón as 9:15

INFANTIL:
Descanso

ALEVÍN FEMENINO:
C.B. DORNA - CB GROVE "Abrollos" Domingo día 6 as 17.30h. Pavillón de Pontecesures. Saida as 16:00 da Estación

ALEVÍN MASCULINO:
MARIN PEIXE GALEGO - C.B. GROVE Heladeria Ravelo. Domingo 6 as 16:30. Pavillón de Xunqueira Pontevedra. Saida as 15:30 de Estación.

BENXAMINS:
C.B. GROVE - LICEO VILAGARCIA. Domingo 6 as 11:00 Pavillón Monte da Vila. Estar as 10:30

martes, 1 de febrero de 2011

Resultados equipos CB Grove

SENIOR:
CB GROVE "TURIMARES" 74: Xurxo 14,Castro 21,Lobo,Mauri 4,Kampa 4,Rubén,Alex 10, Jose 10, Jacobo e Oscar 11,.
LAXE MARIN 82: Ruibal 14,Cuiña 2,Iglesias C 12,Jiménez,Soage 10,Parada 6,Santos 24, Carballo 6 e Iglesias A 11.
Marcadores: 26-20 e 23-19 (49-39 descanso) 11-26 (60-65) e 14-17 (74-81 final).
Partido que de gañar os grovenses xa os clasificaban matematicamente pra xogar a fase final, e agora teñen que gañar os tres partidos que ñe faltan. Os rivais son asequibles, pero non se poden confiar.
Volvendo o partido, o CB Grove saleu a por todas e así o fixeron nos dous primeiros cuartos chegando o descanso con 10 ptos de vantaxe, pero tras o descanso, un mal cuarto, 11-26, fixo que non foran capaces de remontar no último, tamén axudado po las exclusións por faltas de Oscar, Kampa e Mauri, as cales foron moi rigurosas.
Non se pode fallar máis pra quedar entre os dous primeiros de grupo.
JUNIOR:
CB GROVE "AMALFI" 73: Rubén 12, Xurxo 14,Luís 2, Bea, Iván, Fonti 4,Lobo 7, Alex 15, Pablo, Sergio 2 e Nacho 17.
LICEO VILAGARCÍA 46: Lago 3,Paredes 2,Perez 11,Ivorra,Tavares,Aloy 8,Lameiro 11, Salón, Fernández e Gerpe.
Marcadores: 26-2 e 15-14, (41-16 descanso) 18-8 e 16-22.
Árbitros Srs. Gil e Paz.
Partido que acabou no primeiro cuarto onde os visitantes non foron capaces de superar a defensa local recibindo un parcial de 26-2, esto fixo que o adestrador M. Campaña dera máis minutos os que menos xogan e os cadetes igualandose máis os cuartos.
Os grovenses seguen o frente da clasificación e dependen de si mesmos pra xogar a Copa Galicia.
CADETES:
CB GROVE "AMALFI" 54: Eloy 6, Brais, Bea 18, Gabriel, Pablo 18, Roi, Martín e Sergio 12.
MARIN PEIXE GALEGO 55: Cargurrete 28,Mallo, De la Fuente,Ferre 8,Matesane 2,Hermida,Rodríguez 2,Candamil 7,Ferreiro 3 e Jovillosa 5.
Marcadores: 18-11 e 12-10 ( 30-21 descanso) 18-14 e 6-20 (54-55 final)
Árbitros Srs. Gil e Paz.
Partido que regalaron os grovenses no último cuarto, onde deixaron recuperar os marinenses os 13 puntos que tiñan de vantaxe o final do terceiro cuarto. O cansanzo e os nervios xogaron una mala pasada o CB Grove que tivo a última posesión pra gañar, pero Sergio non foi capaz de lanzar a canasta e perdeu o balón e con él, as posibilidades de xogar a fase final, pois agora teñen que gañar todolos partidos, pero a ilusión non a perden. A proxima xornada iniciase a segunda volta e de acabar de primeiros con unha soio derrota, agora son cuartos con duas derrotas.
INFANTIL:
CB GROVE "HELADERÍA RAVELO" 15: Roi 12, Oscar, Gabriel 2, David, Daniel 2, Luís e Díaz.
O MECO 104: Torres 10, Bello 6, Sánchez 4, Garrido 16, Devesa 16, Blanco 32, Castro 7 e Rodríguez 13.
Marcadores: 15-1 e 20-6 (43-7 descanso) 30-2 e 31-6.
Árbitros Srs. Charry e Solla.
Partido dominado po lo Meco dende o inicio, no que a maioria dos xogadores son Infantiles de segundo ano, ante o xoven equipo do CB Grove, o cal esta formado case na sua totalidade, por xogadores alevíns o ter varias baixas por diferentes motivos.
ALEVIN MASCULINO:
CB GROVE 52: Emilio 5, Walli 6, Daniel 17, Alberto 2, David 5, Alvaro 9 e Xabi 8.
XUVEN 72: Seren 2,Durán,Djymonth, Rey 10,Gómez 4,Ventoso 2,Padín 7, Laya 34 e Oubiña 13.
Gran partido dos xogadores grovenses que non foron capaces de para a Laya, autor de 34 puntos o cal é a base do equipo. O adestrador do CB Grove, está moi satisfeito co traballo feito po los seus xogadores, pois xogaron máis en equipo que o seu rival, que o deixan todo nas mans de Laya, xogador con moi boas maneiras e boa altura.
ALEVÍN FEMENINO:
CB GROVE "ABROLLOS" 8: Lúa, Mara 3, Alba 3, Ana, Olgui 2, Sabela e Vanessa.
XUVEN 58: Padín, Rodiño, Vázquez, Domínguez, Chaves,Miguez, Padín e Alvarez.
Gran superioridade das xogadores cambadesas que impuxeron a súa maior calidade e altura ante as voluntariosas xogadores grovenses, que nunca deixaron de dar a cara o encontro a pesar da gran diferencia existente. Os pais disfrutaron coas poucas canastras que meteron as pupilas de Humberto, o cal esta a facer un gran traballo, pois a maioría das xogadoras son Benxamíns e Alevíns de pimeiro ano.